Saltar navegación

3.7. Alerta clima

 

Glosario

Furacán

Fotografía dun furacán

Definición:

Tormenta tropical de gran extensión que vai acompañada de fortes ventos e intensas precipitacións.

Exemplo:

O furacán chega ás costas con velocísimos ventos e grandes precipitacións.

Tornado

Fotografía dun tornado

Definición:

Columna de aire con forma de embude e alta velocidade angular que ten no seu extremo inferior en contacto coa Terra e o superior cunha nube.

Exemplo:

O tornado, cos seus fortísimos ventos, causou enormes danos na localidade.

Catástrofes climáticas

Nun mundo onde os caprichos do clima están marcando cada vez máis a nosa realidade cotiá, é fundamental deternos e reflexionar sobre o impacto das catástrofes climáticas. Dende o máis veloz e destrutivo tornado ata a máis impactante inundación, son calamidades que non so ameazan as nosas vidas e fogares, senón tamén o equilibrio mesmo do noso planeta.

As inundacións

Unha inundación defínese como a ocupación que a auga fai de espazos que normalmente están libres desta. Pódese producir polo desbordamento de ríos, por chuvias torrenciais, desxeo, pola subida de mareas...

INUNDACIÓNS
Fotografía dunha cidade inundada

As consecuencias principais das inundacións son: destrución de casas, cultivos e infraestruturas (estradas, pontes, estacións...), arrastre de terra cultivable, transmisión de enfermidades...

As secas

Unha seca é unha anomalía transitoria, máis ou menos prolongada, caracterizada por un período de tempo con valores das precipitacións inferiores aos normais da área.

SOLO RESECO
Imaxe dun solo reseco

Os danos que poden producir as secas poden ser económicos (perda de producións agrarias), ambientais (destrución de solos) e sociais (falta de alimentos, conflitos polo emprego da auga).

Furacáns

Os furacáns (tifóns en Asia, ciclóns tropicais no Índico) son fortes tormentas que se forman a finais do verán ou comezos do outono sobre océanos moi quentes. Estas tormentas tropicais de ata 600 km de diámetro ocasionan ventos que poden sobrepasar os 300 km/h e cuantiosas precipitacións.

FURACÁN
Imaxe dunha vista aérea dun furacán

Tornados

Os tornados son columnas de aire en forma de embude que xira de maneira moi violenta e que se estenden dende o chan ata unha nube. Os tornados teñen un diámetro moi inferior ao dos furacáns, raramente sobrepasan os 300 m, pero unha velocidade de vento moi superior pois poden chegar ata os 450 km/h. Son frecuentes nos Estados Unidos na primavera e no verán.

TORNADO ELIE EN MANITOBA
Imaxe do tornado Elie en Manitoba

Lectura facilitada

Os seres humanos cada vez estamos máis afectados polas catástrofes climáticas.

Hai moitos problemas climáticos que afectan os seres humanos.

Un problema son as inundacións.

Unha inundación é a ocupación dun espazo, normalmente seco, pola auga.

Outro problema importante son as secas.

Unha seca dáse cando chove moito menos do habitual.

Tamén xeran problemas os furacáns.

Os furacáns aparecen a finais do verán e comezos do outono.

Un furacán é unha forte tormenta tropical.

Un furacán pode ocupar máis de 600 quilómetros de diámetro.

Os ventos dun furacán poden acadar os 300 quilómetros por hora.

Os furacáns provocan fortes precipitacións.

Outro problema grave son os tornados.

Os tornados son moi frecuentes en América do Norte no inverno.

Os tornados son columnas de aire en forma de embude que van dende o chan ata a unha nube.

Os tornados xiran de maneira moi violenta. 

Os tornados teñen un diámetro duns 300 m.

Os tornados teñen unha gran velocidade e poden chegar aos 450 quilómetros por hora.

Actividade grupal

Debuxo alegórico de traballo colectivo

En grupo teredes que completar 3 esquemas-resumo de todo o estudado neste REA: a atmosfera e os climas, as augas e a vexetación natural.

Para descargar os esquemas necesarios para facer a actividade, premede aquí

Feito con eXeLearning (Nova xanela)