Glosario
Bioma
-
Definición:
-
Rexións do planeta que comparten clima, vexetación e fauna.
-
Exemplo:
-
A bioxeografía estuda a distribución dos biomas.
Estepa
-
Definición:
-
Formación herbácea propia de climas non moi chuviosos.
-
Exemplo:
-
A estepa de Eurasia é unha vasta extensión de terras planas
Garriga
-
Definición:
-
Unha das formacións de matogueiras propias do clima mediterráneo.
-
Exemplo:
-
Romeu e tomiño son plantas con gran presenza na garriga.
Landa
-
Definición:
-
Formación de matogueiras propia das áreas de clima oceánico.
-
Exemplo:
-
Toxos, xestas e fentos son algunhas das plantas que máis frecuentemente aparecen na landa.
Maquis
-
Definición:
-
Unha das formacións de matogueiras propias do clima mediterráneo.
-
Exemplo:
-
Lavanda, lentisco, romeu… son especies vexetais que podemos atopar no maquis mediterráneo.
Oasis
-
Definición:
-
Lugares con vexetación nun deserto.
-
Exemplo:
-
Nos oasis, grazas á presenza de auga, é frecuente atopar pequenos poboados.
Sabana
-
Definición:
-
Formación herbácea propia do clima tropical.
-
Exemplo:
-
É posible ver leóns e leoas vivindo na sabana.
Taiga
-
Definición:
-
Bosque de coníferas propio do clima continental.
-
Exemplo:
-
Os piñeiro e abetos son especies arbóreas que se poden atopar doadamente no ámbito da taiga.
Tundra
-
Definición:
-
Formación vexetal propia do clima polar.
-
Exemplo:
-
O vento e o frío explican a escasa vexetación da tundra.










