Na ruta da lusofonía
O voso traballo consiste en crear un podcast no que presentedes un país ou rexión de fala portuguesa. Este podcast debe seguir a estrutura dun texto expositivo, polo que será importante organizar a información de xeito claro, ordenado e obxectivo. Aquí preséntanse dúas propostas, son só un exemplo para axudar, podedes facer o voso podcast seguindo unha estrutura diferente. Iso si, non esquezades ningún dos puntos importantes.
Audio
Opción 1
Estrutura xeral do podcast (texto expositivo):
Introdución:
- Presentación do país ou rexión.
- Localización xeográfica (continente, países limítrofes, océanos…).
- Breve contextualización da súa lingua portuguesa (por que se fala portugués alí?).
Desenvolvemento:
- Historia: breve resumo da historia do país (colonización, independencia…) e acontecementos destacados.
- Cultura: festas populares, música, danza, literatura e outras expresións culturais.
- Gastronomía: pratos típicos e ingredientes principais.
- Descricións:
-Personaxes importantes na historia ou cultura do país: nomes, que fixeron, por que son coñecidos...
-Paisaxes características: praias, montañas, selvas, desertos…
-Animais representativos da fauna local: descrición física e hábitat. - Curiosidades ou datos interesantes que queirades incluír.
Conclusión:
- Resumo dos aspectos máis importantes tratados.
- Opinións persoais (opcional) ou reflexión final sobre o país.
Audio
Opción 2
Contido que debe incluír o podcast:
Presentación do país ou rexión
- Nome do país ou rexión.
- Localización xeográfica (continente, países veciños, océanos, etc.).
- Breve información xeral (poboación, lingua, capital, etc.).
Historia
- Breve repaso pola historia do lugar (colonización, independencia, feitos históricos importantes).
- Un personaxe histórico relevante (nome, época, achegas).
Cultura
- Tradicións importantes.
- Festas típicas ou populares.
- Música, baile, literatura ou outras expresións culturais.
- Personaxes da cultura, política, historia... importantes (escritor/a, músico/a, artista...): quen foi e por que é relevante.
Gastronomía
- Pratos típicos.
- Ingredientes principais.
- Significado cultural da comida (se está asociada a festas, costumes...).
Paisaxes e natureza
- Descrición dalgunhas paisaxes típicas do país (selvas, praias, desertos, montañas...).
- Animais característicos da zona: onde viven, como son.
Peche
- Breve resumo do aprendido sobre o país.
- Valoración persoal ou reflexión final.
Audio
Para celebrarmos o Día Internacional da Radio, o segundo domingo de decembro, os vosos podcast sairán ao aire e pode ser na radio escolar (se a hai), colgados na web do centro, aloxados no blog da biblioteca... As posibilidades son variadas, escollede a máis axeitada para o voso centro.