Saltar navegación

3. Raíces comúns

 

Glosario

Lusofonía

mapa de Brasil

Definición:

     Conxunto de países e comunidades que empregan o portugués como lingua oficial.

Exemplo:

     Dentro do concepto de lusofonía inclúense países como Angola ou Brasil. 

Por que nos podemos entender?

Bandeira de Cabo Verde


Hai unha nena nova na nosa clase, chámase Daniela. Acaba de chegar a Galicia e a titora decidiu que sentara ao meu lado. Explicounos que é de Cabo Verde, unhas illas do continente africano, en fronte de Senegal.

É incrible porque fala en portugués e enténdoa case completamente. Isto pasa porque o portugués e o galego durante a Idade Media eran a mesma lingua, díxonos a titora. Tamén nos dixo que o país onde naceu Daniela pertence á lusofonía.

Eu teño unha chea de preguntas que facerlle a Daniela sobre a súa lingua e o seu país. É fantástico que a miña lingua me permita comunicarme cunha nena doutra parte do mundo sen esforzo. Ela díxome que os seus pais decidiran vivir en Galicia porque sabían que ían poder comunicárense mellor que noutras partes de España.

Vou facer un podcast para presentala a todas e a todos. Que ilusión!

Lectura facilitada

Hai unha nena nova na nosa clase.

Chámase Daniela. Acaba de chegar a Galicia.

Senta ao meu lado na clase.

Explicounos que é de Cabo Verde, unhas illas de África.

É caboverdiana.

Fala en portugués e enténdoa case completamente.

O portugués e o galego durante a Idade Media eran a mesma lingua, díxonos a titora.

Tamén nos dixo que o país onde naceu Daniela pertence á lusofonía.

Vou facer un podcast para presentala a todas e a todos. Que ilusión!

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)