Organización cronolóxica das relacións de parentesco nunha estrutura arbórea.
Exemplo:
A árbore xenealóxica da miña familia remóntase a 3 xeracións.
Familia lingüística
Definición:
Grupo de linguas que teñen unha orixe común.
Exemplo:
O galego e o catalán pertencen á mesma familia lingüística.
Audio
Familias lingüísticas
Que curioso!
Non todas as linguas están emparentadas. Ou polo menos aínda non se lle coñecen parentes. Pode pasar que descoñezamos esas relacións por falta de datos, por falta de estudos desas linguas ou só porque a historia borrou as pegadas das relacións que existían con outras linguas.
A estas linguas chamámoslles linguas illadas.
Son exemplos de linguas illadas o eúscaro (Euskal Erria), o camëtsa (Colombia) e o seri (México).
Audio
O reto que se che presentou é sobre os países onde se fala portugués. Seguro que xa escoitaches portugués algunha vez, ou mesmo estás a estudar esa lingua.
Sabías que o portugués ten a mesma orixe que a lingua galega? As dúas son linguas romances. Iso quere dicir que ambas xorden do latín.
O latín chega á península Ibérica coa conquista dos romanos e comeza un proceso de mestura coas linguas que existían aquí. Evolucionou ata crear o galego-portugués. Esta lingua falouse durante séculos a ambos os lados do río Miño.
Despois separáronse dando lugar ás linguas que temos hoxe en día, o galego e o portugués.
Como ves, o galego e o portugués son linguas que pertencen á mesma familia lingüística, as linguas románicas. Estas linguas á súa vez pertencen ás linguas indoeuropeas. Mira esta imaxe creada por Minna Studberd para o seu cómic Stand Still. Stay Silent. Nela aparecen representadas as linguas nunha árbore semellante ás árbores xenealóxicas.
A maior parte das linguas do mundo podemos clasificalas en familias lingüísticas. Aquí tes só algunhas das principais familias lingüísticas do mundo.
Linguas indoeuropeas
Dentro das linguas indoeuropeas aparecen as linguas románicas, xermánicas, eslavas, o albanés, o armenio, as linguas bálticas, as célticas e as indoiranianas. Estas linguas teñan a súa orixe nunha anterior, o protoindoeuropeo.
Estas linguas estendéronse máis polo mundo debido ao pasado colonial de moitos dos países europeos que levaron e impuxeron as súas linguas nos territorios conquistados.
Linguas americanas
Linguas como as síux, esquimó, tupí-guaraní ou as linguas iroquesas.
Linguas de Asia Oriental
Coas familias do coreano e do xaponés ou a malio-polinesia.
Linguas níxero-congolesas
Entre outras, as familias bantú e as mandingas.
Lectura facilitada
Seguro que xa escoitaches falar en portugués algunha vez. Ou mesmo pode que esteas aprendendo esta lingua.
Sabías que o portugués e o galego teñen a mesma familia? As dúas son linguas romances. Isto quere dicir que veñen do latín.
O latín chegou a España cando os romanos conquistaron este territorio. Alí, o latín mesturouse coas linguas que xa se falaban. Pouco a pouco, cambiou e creouse unha nova lingua: o galego-portugués.
Durante moitos anos, a xente que vivía ao norte e ao sur do río Miño falaba galego-portugués. Despois, esta lingua separouse e deu lugar a dúas linguas diferentes: o galego e o portugués, que son as que falamos hoxe.
Como podes ver, o galego e o portugués son como irmáns. Pertencen á mesma familia lingüística, que se chama románica. E todas as linguas románicas veñen dunha familia máis grande: as linguas indoeuropeas.
Imaxina unha árbore xenealóxica das linguas. A maioría das linguas do mundo pódense colocar en diferentes ramas desta árbore, que son as familias lingüísticas.
Audio
Lea de familia
Ordena as linguas da máis antiga á máis moderna. A máis antiga é a familia lingüística orixe da seguinte e así sucesivamente.
preindoeuropeo
indoeuropeo
proto-romance
galego-portugués
galego
Comprobar
Correcto!
20253975912-60
12345
Actividade non completada#Actividade superada. Puntuación: %s#Actividade non superada. Puntuación: %s#Lista desordenada
A resposta correcta é:
Que sabes das linguas?
Escolle as respostas correctas e preme o botón Comprobar.
En Europa calcúlase que hai entre 220 e 230 linguas. E no mundo arredor de 6000 lingua vivas.
Hai linguas que teñen máis de 100 millóns de falantes e outras que son faladas por menos de 100 persoas, persoas de pequenas aldeas e grupos étnicos. Estas últimas corren perigo de desaparecer. O inglés, o chinés, o hindi, o español e o portugués son as linguas con máis falantes do planeta.
Hai moitas linguas en perigo de desaparecer pola perda de falantes. Cando unha lingua desaparece dicimos que esa é unha lingua morta, como o latín ou o grego clásico.
Arredor dun terzo de todas as linguas do mundo son linguas africanas. Pero hoxe están en perigo a metade desas linguas polo que se cre que desaparecerán nos próximos 50 anos. Iso significa que pasarán a ser linguas mortas unhas 1000 linguas. Iso se só temos en conta as linguas de África. Hai linguas ameazadas por todo o mundo.
A diversidade das linguas é incrible, a perda dunha lingua supón a perda dun tesouro. Por exemplo, ti escribes da esquerda á dereita, pero non todas as linguas se escriben así. Por exemplo o árabe e o hebreo escríbense de dereita a esquerda. O xaponés de arriba cara abaixo e de dereita a esquerda.
Tamén hai diferentes formas de escritura. A nosa escritura é a latina, pero hai moitos diferentes como o alfabeto cirílico ou o alfabeto coreano. Ademais hai linguas que non teñen un alfabeto senón un sistema silabario, como o hiragana, o silabario xaponés ou o silabario cheroqui. E tamén hai ideogramas. Linguas que representas ideas con diferentes caracteres, como fai o chinés ou como facían no antigo Exipto cos xeroglíficos. Pero ollo, que a forma máis antiga de escritura foi a cuneiforme, empregada durante máis de 3000 anos polas culturas sumeria, hitita ou babilónica.
Lectura facilitada
Moitas linguas no mundo
Na nosa Europa hai moitas linguas, entre 220 e 230. E en todo o planeta Terra hai unhas 6000 linguas que aínda se falan.
Algunhas linguas teñen moitísimos falantes, máis de 100 millóns de persoas. Outras, en cambio, só as falan unhas poucas persoas, que viven en aldeas pequenas ou son grupos étnicos reducidos. Estas últimas linguas están en perigo de desaparecer.
As linguas con máis falantes no mundo son: o inglés, o chinés, o hindi, o español e o portugués.
Hai moitas linguas que poden desaparecer porque cada vez menos xente as fala. Cando unha lingua deixa de falarse, dicimos que é unha lingua morta, como o latín ou o grego antigo.
Case un terzo de todas as linguas do mundo fálanse en África. Pero moitas destas linguas están en perigo. Crese que a metade das linguas africanas desaparecerán nos próximos 50 anos. Iso significa que unhas 1000 linguas africanas pasarán a ser linguas mortas. E isto só contando as linguas de África, porque hai linguas en perigo en todo o mundo.
A variedade de linguas que hai no mundo é incrible. Cando se perde unha lingua, é como se perdera un tesouro. Por exemplo, nós escribimos de esquerda a dereita. Pero non todas as linguas se escriben así. O árabe e o hebreo escríbense de dereita a esquerda. O xaponés escríbese de arriba abaixo e tamén de dereita a esquerda.
Ademais, hai diferentes formas de escribir. Nós usamos o alfabeto latino. Pero hai outros alfabetos, como o cirílico (que se usa en Rusia) ou o alfabeto coreano. Tamén hai linguas que non teñen alfabeto, senón silabarios, onde cada símbolo representa unha sílaba. Exemplos son o hiragana (xaponés) ou o silabario cheroqui.
E tamén existen os ideogramas. Son linguas que usan debuxos ou símbolos para representar ideas, como o chinés ou como se facía no antigo Exipto cos xeroglíficos.
Pero ollo! A forma de escritura máis antiga que se coñece é a cuneiforme. Usouse durante máis de 3000 anos por culturas como a sumeria, a hitita ou a babilónica.