Falando claro
Non todos os textos son iguais. Uns están escritos para contar unha historia, outros para explicar como é algo, outros para convencernos e ata os hai que están escritos para informarnos... Cada un ten un nome: texto narrativo, texto descritivo, texto argumentativo e texto expositivo.
Imos pararnos nestes últimos.
Os textos expositivos teñen como obxectivo principal informar ou explicar algo de maneira clara e obxectiva. Son textos que presentan datos, feitos ou explicacións sobre un tema sen incluír a opinión ou os sentimentos da persoa que escribe. Son moi útiles para adquirir coñecementos sobre diferentes temas: históricos, científicos, culturais...
Usan unha linguaxe clara, con verbos en presente e moitas veces inclúen listas, definicións ou exemplos. Outra característica dos textos expositivos é o emprego de conectores. Os conectores son palabras que axudan a unir ideas e exemplos.
Audio
Características
Claridade
Procúrase que o lector comprenda ben a información. A linguaxe é clara e directa.
Obxectividade
Non hai opinións, só se dan feitos ou datos verificables.
Organización
As ideas están ben estruturadas e organizadas de maneira lóxica (introdución, desenvolvemento e conclusión).
Uso de exemplos e explicacións
Moitos textos expositivos usan exemplos e comparacións para que a información se entenda mellor.
Terminoloxía especializada
Dependendo do tema, pode usarse un vocabulario técnico ou específico pero sempre que sexa facilmente comprensible para o lector.
Audio
Estrutura
Introdución
Presenta o tema.
Desenvolvemento
Achega datos e explicacións.
Conclusión ou peche
Resume ou engade unha curiosidade (ás veces).
Audio
Conectores
Para introducir un tema
- En primeiro lugar.
- Para comezar.
- Neste texto imos escribir sobre...
Para engadir información
- Ademais.
- Tamén.
- Por outra banda.
- Así mesmo.
Para explicar ou exemplificar
- Por exemplo.
- É dicir.
- En concreto.
Para comparar
- Do mesmo xeito.
- Ao igual que.
- Pola contra.
Para rematar ou pechar
- En resumo.
- Para rematar.
- Como curiosidade.