Xeito correcto de empregar as palabras dunha lingua especialmente cando se fala.
Exemplo:
A dicción desta locutora é moi boa.
Dígrafo
Definición:
Dúas letras que representan un único son.
Exemplo:
Na palabra algunha o nh é un dígrafo.
Audio
Na radio describimos
Antón, un rapaz doutro curso que me está axudando moito co podcast, díxome que a primeira lección que me tiña que dar para escribir a introdución do guión para o meu programa era que me imaxinase que tiña que describir en todo momento como me sentía, como era ou onde estaba.
-Lembra que nun podcast non te ven! -dixo facendo acenos coas mans.
Eu sei que en primaria xa estudei o que era a descrición e como se facía, pero terei que repasar para facelo ben.
Tamén me dixo que non me preocupase, que todo o que necesitaba saber ía poder repasalo neste curso. E aprender moitas cousas novas. Estou desexándoo! Co que teño que poñerme ao día é coa dicción. Falar claro e saber onde poñer o ton de voz nunha palabra é fundamental na radio.
Que lembras ti do alfabeto e das regras básicas de acentuación. Cantas letras hai? O nh é unha letra? Un dígrafo? Camión leva acento gráfico? Ou non o leva?
Xogamos xuntos e repasamos?
Lectura facilitada
Antón é un rapaz doutro curso que me está axudando moito co podcast.
Díxome que me imaxinase que tiña que describir en todo momento como me sentía, como era ou onde estaba.
Eu sei que en primaria xa estudei isto.
Neste curso vou repasar o que aprendín e vou coñecer moitas cousas novas. Estou desexándoo!