O alfabeto galego ten orixe latina. Está formado por 23 letras e 6 dígrafos.
Hai outras letras como o j, o k, o w e o y que non pertencen ao noso alfabeto e só se utilizan en estranxeirismos, abreviaturas ou símbolos internacionais.
Para o aprenderes ben, escoita con atención esta canción de Magín Blanco que leva por título O abecedario. Serás quen de completar o rosco?
Audio
Coñecémolas todas?
2
Observa as letras, identifica e enche as palabras que faltan.
Ao igual que ocorre con algunhas consoantes, en galego, temos máis sons vocálicos que letras.
A-E-I-O-U son as letras que representan as nosas vogais. Pero temos 7 sons vocálicos.
A letra E representa dous sons. E a letra O representa outros dous.
Non é o mesmo son o É (verbo ser) que o E (conxunción).
Non é o mesmo son o O de OSO (animal) que o de ÓSO (parte do esqueleto).
Audio
Ollo!
Viches a diferenza entre óso e oso? Exacto, unha leva acento gráfico e a outra non.
Ese acento chámase acento diacrítico. Non segue as regras de acentuación. Emprégase para diferenciar palabras que se escriben igual pero que o seu significado é diferente.
Moitas das palabras que empregan o acento diacrítico márcase a vogal aberta.
Aquí tes algúns exemplos:
presa (manchea) /présa (apuro).
bola (de pan) /bóla (esfera).
pola (galiña)/póla (rama).
Audio
Como escribimos?
Fíxate no mapa. Están representadas diferentes formas de escribir as linguas do mundo. Como ves hai formas moito máis diferentes das que coñeces. Non todas as linguas empregan o noso alfabeto. As diferentes formas de escritura son chamadas sistemas de escritura.
No mundo hai 3 sistemas principais: alfabético, silábico e ideográfico.
Alfabético
Este sistema funciona cun número limitado de caractéres. As letras únense entre elas para formaren as sílabas, as palabras, as oracións...
É o máis empregado en todo o mundo. O galego emprega o sistema alfabético latino.
Silábico
É un sistema organizado en caractéres que representan sílabas. E estes, ao igual que as letras dos sistemas alfabéticos, únense para formar as palabras e as frases. Un exemplo é o cherokee.
Ideográfico
É o sistema que emprega un símbolo para unha (ou varias) ideas, conceptos ou palabras. As linguas que empregan este sistema precisan dun número moi elevado de símbolos para poder escribir todos os posibles enunciados. O chinés emprega este tido de sistema.
Audio
Preme na imaxe e poderás ver a palabra Galicia escrita nos diferentes sistemas de escritura encima de cada unha das respectivas linguas.
Audio
Unha volta ao mundo a través dos alfabetos
O mundo está cheo de linguas e formas de escribir. Aquí poderás descubrir algúns dos alfabetos máis curiosos e importantes do planeta.
8 alfabetos diferentes
Latino: é o alfabeto que usamos no galego e noutras linguas como o español, inglés ou francés.
Grego: é un dos alfabetos máis antigos de Europa. Usado na actualidade para o idioma grego.
Ciríllico: usado en linguas como o ruso, o búlgaro ou o serbio. Ten letras diferentes ao latino.
Árabe: escríbese de dereita a esquerda. Usado en moitas linguas de Asia e África.
Hebreo: tamén se escribe de dereita a esquerda. Usado no idioma hebreo, sobre todo en Israel.
Chinés: non é un alfabeto, senón un sistema de caracteres ideográficos. Cada símbolo representa unha palabra ou idea.
Xaponés: ten tres sistemas de escritura: kanji (de orixe chinesa), hiragana e katakana.
Devanagari: é o sistema usado para escribir o hindi e outras linguas da India. É moi decorativo e con moitas liñas curvas.