Escoitamos
Estiveches vendo exemplos da descrición dos animais e agora seguimos creando poemas con eles. Desta volta vas imitar a Antón Cortizas no seu Contos de vento e de nunca acabar. Escoita con atención:
Estiveches vendo exemplos da descrición dos animais e agora seguimos creando poemas con eles. Desta volta vas imitar a Antón Cortizas no seu Contos de vento e de nunca acabar. Escoita con atención:
Estiveches vendo os tipos de descrición, entre elas a dos animais. Se escoitaches ben os poemas de Antón Cortizas, sabes que son de animais.
Sabes o que é o black poetry? Investiga na rede xa verás que sorpresa levas!
E agora, despois de investigar, fai o teu propio black poetry.
Despois de todas as actividades que fixeches coa poesía xa sabes como cambiar o mundo pero imos dar un pasiño máis.
Vas entrar neste documento da Cultura Galega, mira os poemas que alí aparecen e escollen un ou dous versos que che gusten moito. Eses versos ponos "bonitos", isto é, fai unhas letras chulas, mestura con imaxes, substitúe unha letra por un debuxo, o que se che ocorra pero que o verso se poida ler ben. A continuación valo poñer nun mural xunto cos das túas compañeiras e compañeiros. Entre todas faredes un novo poema, un centón!
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0