Arquivo de audio ou multimedia que se almacena en liña para poder descargalo ou oílo cando a persoa usuaria queira.
Exemplo:
Escoitamos un pódcast moi interesante sobre a historia da antiga Roma.
Poemario
Definición:
Libro de poemas.
Exemplo:
André publicou o seu primeiro poemario.
Audio
A emisora de radio
—Ola! e benvida, xente, a un novo programa de Son de ondas. Eu son Sabela e neste episodio falaremos sobre...
Así comeza o meu primeiro pódcast.
—Sabes o que é? A min cada vez gústanme máis. O que comezou como unha actividade da clase de galego acabou encantándome e puiden facer novos amigos.
Explícoche un pouco o contexto. Este curso é especial para min porque acabo de mudarme e non coñezo a ninguén. A miña nai díxome que unha forma de facer amizades era realizar algunha actividade como teatro, música, deporte... Decidinme pola radio.
A radio escolar funciona desde hai varios anos. Aquí un grupo de voluntariado emite programas en directo todas as semanas. Ao principio pensei que era demasiado para min. Iso de falar en directo non o vía claro. Pero as persoas que están na radio son fantásticas e dixéronme que non me preocupase e que podería comezar por un pódcast.
Hai moita xente que pensa que un pódcast é un programa de radio gravado. Pero non é así. Os podcats hai que planificalos, organizalos ben e gravalos por partes para despois editar, engadir música e mesmo sons.
Hoxe, por fin, gravei o meu primeiro pódcast coa axuda de dous compañeiros que me están a axudar. Xa fixeron algún no pasado curso. E parece que teñen todo controlado.
Anímaste ti a facer un pódcast?
Lectura facilitada
Sabela é nova no instituto.
Para facer amigos apúntase na radio escolar.
Ela e uns compañeiros van facer un pódcast.
Os compañeiros van axudar a Sabela. Eles xa fixeron máis pódcast antes.
Facer un pódcast leva tempo.
Hai que:
Buscar información do que vas falar.
Escribir o guión.
Gravar.
Montar a gravación.
Montar a música.
Anímaste ti a facer un pódcast?
Audio
Os retos
Ao igual que Sabela ti vas ter que crear un pódcast. E tamén, coma ela, terás máis xente que che axude, pois terás que facelo en grupo con compañeiros e compañeiras da clase.
O pódcast terá que ver co contido deste REA, así que presta atención e realiza as tarefas que se che piden para poder completar con éxito o reto.
Imaxina que a radio do teu centro quere facer unha serie de programas sobre os países onde se fale portugués no mundo.
Cada grupo de traballo terá que realizar un pódcast con diferente información sobre un deses países.
Ollo! porque ademais, neste REA haberá un obradoiro de poesía.
Cada fase comezará con este obradoiro. Que tal se che dá iso de rimar? Pode haber un poema sen rima? Seguro que descobres que es mellor do que cres. Para facer poesía só tes que xogar coa lingua.
Este obradoiro, chamado Cambiamos o mundo? tamén ten reto. Ao finalizar o REA crearás o teu propio poemario recompilando todas as túas creacións.
×
Lectura facilitada
Ti vas ter que crear un pódcast en grupo.
O pódcast terá que ver co contido deste REA, así que presta atención e realiza as tarefas que se che piden para poder completar con éxito o reto.
Cada grupo de traballo terá que realizar un pódcast con diferente información sobre un dos países onde se fala portugués.
Ollo! porque ademais, neste REA haberá un obradoiro de poesía.
Para facer poesía só tes que xogar coa lingua.
Este obradoiro, chamado Cambiamos o mundo? tamén ten reto.
Crearás o teu propio poemario recompilando todas as túas creacións.
Audio
Que farei?
Para realizar o pódcast:
Buscarás información sobre o país de fala portuguesa que che toque.
Describirás paisaxes deste territorio, fauna e flora, arquitectura...
Coñecerás persoas importantes da súa historia, cultura...
Organizarás toda a información recollida.
Realizarás un guión para o pódcast con esa información.
Gravarás e montarás o pódcast.
No obradoiro de poesía:
Descubrirás como xogar coa lingua.
Aprenderás de forma práctica as características da poesía.
Empregarás os recursos típicos deste xénero.
Crearás un recompilatorio dos textos que elaboraches.
Audio
E que obteño disto?
Ao rematar o reto serás quen de:
Expresarte oralmente coa entoación axeitada.
Buscar, analizar e recompilar información.
Crear un guión escrito.
Diferenciar os tipos de descricións.
Describir empregando os diferentes recursos da lingua.
Coñecer as familias lingüísticas e as diferentes grafías.
Empregar os recursos da lírica e recoñecelos en textos alleos.