Glosario
Escaleta
Definición:
Guión dun programa, especialmente de radio, onde se establecen os tempos, os textos, a música e outros efectos sonoros.
Exemplo:
A escaleta é esencial para que o podcast quede ben.
Definición:
Guión dun programa, especialmente de radio, onde se establecen os tempos, os textos, a música e outros efectos sonoros.
Exemplo:
A escaleta é esencial para que o podcast quede ben.
Todo o mundo listo para gravar? Gravando, gravando!
Para, para... que aínda queda un anaco para gravar. Primeiro, lembras que este REA ten dous retos?
Tes dúas tarefas. Ambas iguais de importantes, aínda que ben diferentes.
Por un lado descubriches que a nosa lingua ten un parente moi, moi próximo, co que compartimos moito, o portugués. E tamén coñeciches a comunidade creada polos países que a falan, a lusofonía. Que mellor que coñecer máis deses países poñendo a proba os coñecementos adquiridos neste REA?
Por outra banda, cada fase tivo o seu apartado "Cambiamos o mundo?". Un obradoiro de poesía que expuxo a túa creatividade. E agora, tes que recompilar todos os traballos, todos os poemas que creaches.
Este é o segundo reto deste REA.
Durante todas as fases tiveches un obradoiro de poesía. Creaches poemas de diferentes formas. Imaxinaches rimas e versos que agora debes unir no teu propio libro de poemas.
Aquí libera a túa creatividade. Podes escribir no teu ordenador e imprimir os textos ou podes escribir a man con boa letra e limpa. Tamén quedaría ben que ilustrases as túas creacións. Escolle unha boa portada e lembra... pon un bo título, rechamante e que recolla a esencia dos teus textos.
Pasos que debedes seguir para conseguir completar o reto.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0