Escoitamos
Xabier Docampo no seu Cando petan na porta pola noite expresou en forma de poema os seus medos. Escoita con atención:
Xabier Docampo no seu Cando petan na porta pola noite expresou en forma de poema os seus medos. Escoita con atención:
EU TEÑO MEDO... Lembras a orde dos primeiros versos?
Ordena os versos e despois cópiaos no teu caderno na orde correcta.
Gústame...
Non me gusta...
E agora xunto coas túas compañeiras e compañeiros vas construír un cadáver exquisito. Ah, que non sabes o que é un cadáver exquisito? Ben, pois agora cho conto.
Un cadáver exquisito é un poema colectivo.
Unha persoa colle un folio e escribe o primeiro verso, dóbrao para que non se vexa e pásallo á seguinte persoa, esta escribe outro verso e así sucesivamente. Ao final desdobramos o folio e temos o noso poema.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0