Saltar navegación

5. Baixamos o pano

Acadaremos o reto?

O debuxo dunha man facendo o símbolo de aprobación, de ok

Chegou o momento de subir ao escenario, con todo preparado, toca practicar para a consecución do reto, a representación da nosa versión de Os vellos non deben de namorarse está a piques de comezar!

Para acadar o reto tiveches que dar diferentes pasos, así que reflexiona no teu diario de aprendizaxe sobre todo o percorrido e anota o que consideras máis relevante de cara á representación. Lembra que desde a fase 1 tes unha listaxe de cotexo para ir asegurándonos de todos os pasos (aquí en formato .pdf e aquí en formato .odt editable).

Lembra tamén que despois da representación tes que empregar a rúbrica que se achega no diario de aprendizaxe para coavaliar os teus compañeiros e compañeiras e autoavaliar o traballo que realizaches. Esta rúbrica pódela descargar aquí en formato .pdf e aquí en formato editable.

Chanzo a chanzo

Imos repasar aquí os principais contidos que levamos visto ata o momento. Preme sobre a imaxe para descargar a infografía.

Infografía a vida é puro teatro

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)