Glosario
Xerador

-
Definición:
-
Aparello para crear.
-
Exemplo:
-
Están de moda os xeradores de intelixencia artificial.
Chegar a bo porto

-
Definición:
-
Saír todo ben.
-
Exemplo:
Co seu esforzo chegou a bo porto.

Definición:
Aparello para crear.
Exemplo:
Están de moda os xeradores de intelixencia artificial.

Definición:
Saír todo ben.
Exemplo:
Co seu esforzo chegou a bo porto.

Disque un escritor ou escritora é quen escribe, pero, que é escribir? Para que escribe? Que regras debe seguir? Que tipo de linguaxe deberá empregar?
Reflexionando sobre a resposta a estas cuestións, serás quen de explicar no teu caderno o que é un escritor ou unha escritora?
Escribir é representar mediante o uso de elementos gráficos, mais podemos escribir con diversidade de intencións: informar, contar, comunicar, lembrar, entreter…

O autor de Os vellos non deben de namorarse é Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, posiblemente a figura máis completa da historia da cultura galega. Porque Castelao non só é dramaturgo, nin sequera só escritor. De feito, dise que dixo que Os vellos non era obra do Castelao escritor, senón do Castelao artista plástico (ademais de escribir o texto, deseñou a escenografía e as máscaras, fixo os carteis etc.). E é que Castelao tamén foi debuxante, pintor, político, médico… Así que, imos descubrir máis da súa vida e da súa obra!
En grupos de catro persoas ides procurar información. Para iso, utilizaredes esta ficha (aquí en .pdf, aquí en .odt), que debedes ir completando co que descubrades nestes dous sitios web:
Atendede ben, porque nas seguintes actividades a información que obteñades agora vaivos ser moi necesaria!
O autor de Os vellos non deben de namorarse é Castelao.
É a figura máis completa da historia da cultura galega.
De Os vellos non deben de namorarse, Castelao escribiu o texto, pero tamén deseñou a escenografía, máscaras, carteis...
Castelao foi dramaturgo, escritor, debuxante, médico, político...
En grupos procurade información.
Para iso, utilizaredes esta ficha (aquí en .pdf, aquí en odt) para ir completando co que descubrades nestes dous sitios web:
A información que obteñades agora vai servos de utilidade en próximas actividades.
Seguide en grupos de catro persoas para crear o voso propio xogo. Cada equipo deberá escoller unha das seguintes opcións. Seguide as instrucións que se propoñen e adiante. Unha vez que teñades a vosa actividade lista podedes intercambiala cos vosos compañeiros e compañeiras e que comece a diversión!
A xogar con Castelao!
Para realizar a vosa sopa de letras podedes empregar unha ferramenta como esta (xerador de sopas de letras de Educima) ou esta (creador de sopas de letras de Portuguese Tools).
Para que a vosa sopa vos saia ben boa ides ter que:
Para elaborar as vosas palabras cruzadas podedes utilizar a seguinte ferramenta (xerador de palabras cruzadas de Educolorir).
Para levar a bo porto o voso quefacer ides ter que:
Ides ter que ocultar palabras para que as vosas compañeiras e os vosos compañeiros descubran o que agochades. Para realizar as vosas palabras ocultas podedes empregar a seguinte ferramenta (xerador de cruzadas con palabra oculta de Educolorir).
Para elaborar o voso trivial ides ter que:
De maneira individual, responde as seguintes preguntas sobre Castelao, para así faceres un repaso de todo o que descubriches neste apartado sobre a súa vida e obra.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0