Saltar navegación

4.3. Diario de aprendizaxe

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa.

Ides dar un pasiño máis na preparación da vosa obra! E é que o teatro non só é que teña relación con outras disciplinas artísticas, senón que no teatro están todas as outras artes: a música, a pintura etc!

No caso concreto de Os vellos non deben de namorarse, aínda con máis razón. Por un lado, porque na obra tamén se canta e o texto inclúe cancións como “Lela” ou a “Muiñeira de pandeiros”. E, por outro lado, como xa vimos, Castelao non só era escritor, senón que tamén destacaba como debuxante e pintor e disque dixo que esta non era unha obra do Castelao escritor, senón que era sobre todo unha obra do Castelao artista gráfico. E é que el mesmo fixo as máscaras dos personaxes, a escenografía ou a cartelaría.

Pois nestes elementos tedes que ir pensando vós tamén! Haberá que preparar algo de escenografía? Vestiario? Quen canta? Reflexiona no teu diario de aprendizaxe.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)