Diario de aprendizaxe

Reflexión 1
Disque un escritor ou escritora é quen escribe, pero, que é escribir? Para que escribe? Que regras debe seguir? Que tipo de linguaxe deberá empregar?
Reflexionando sobre a resposta a estas cuestións, serás quen de explicar no teu diario de aprendizaxe o que é un escritor ou unha escritora?
Reflexión 2
Tendo en conta que un escritor ou unha escritora pode dedicarse a calquera dos subxéneros literarios, reflexiona no teu diario de aprendizaxe sobre quen será un dramaturgo ou dramaturga. Ben seguro que pensades nos dramas, pero, que entendemos por drama?
- Que características teñen os textos que crea un dramaturgo ou unha dramaturga?
- Cal é o fin último destes escritos?
- Están pensados para a súa representación?
- Deben contar con notas que nos permitan saber como e onde teñen lugar os acontecementos?
E ti, cres que serás quen de te converteres en dramaturgo/a?