Saltar navegación

5.2. Derradeiros pasos

 

Glosario

Pano

Teatro de monicreques

Definición:

Tea grande que cobre o escenario e pode abrirse, pecharse, baixarse ou subirse.

Exemplo:

Abriuse o pano para dar comezo á obra de teatro.

Non queda case nada!

O debuxo dun actor e dunha actriz actuando nun escenario

O último ensaio vai comezar, todo listo!

O grupo vai realizar o derradeiro ensaio. Empregaranse nel todos os elementos necesarios para a posta en escena, e entre eles será importante que os personaxes se vexan con cada un dos detalles así que:

  • Escenario con todos os elementos (cambios de decorado preparados).
  • Entradas e saídas controladas.
  • Personaxes co vestiario seleccionado.

E comeza a actuación, vaise abrir o pano!

Lembra a importancia de facer uso dunha boa oratoria e non esquezas a importancia da linguaxe non verbal.

Imos aló!

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)