Saltar navegación

5.1. Mans á obra

 

Glosario

A fume de carozo

O debuxo dunha lebre correndo, cunha frecha que sinala á dereita

Definición:

Con présa, rapidamente.

Exemplo:

A lebre ía a fume de carozo.

Atrezo

O debuxo de varios complementos de vestir: bufanda, bolso, pendentes...

Definición:

Elementos necesarios para a posta en escena dunha obra teatral: vestimenta, accesorios, decorado...

Exemplo:

O atrezo para a obra de teatro era moi elaborado.

Ex profeso

O debuxo dunha persoa que corre detrás doutra

Definición:

Aquilo que se leva a cabo de maneira intencionada.

Exemplo:

Acudiu ver a obra teatral ex profeso.

A fume de carozo!

O debuxo de dúas persoas falando

Cada grupo deberá facer un primeiro ensaio da obra apoiándose no guión xa adaptado, mais sen moverse do sitio e sen ningunha caracterización, isto servirá para pór en práctica as habilidades orais de cada quen e ir dando forma á obra teatral.

Atrevédesvos a comezar?

Facemos unha paréntese

O debuxo dun plano

Co guión feito e as primeiras prácticas realizadas, quedan os derradeiros retoques para que todo saia ben. Para o momento da posta en escena é de suma importancia ter claro o lugar polo que cada personaxe debe entrar ou saír, así como a súa posición no escenario. Este é o momento de que cada grupo, centrándose nun lance concreto analice minuciosamente as acotacións para saber os movementos de cada personaxe dentro do escenario.

Os pasos que debe seguir cada grupo son:

  • Revisión do lance correspondente para poñer especial atención ás acotacións.
  • Tomar nota no caderno de todos os detalles referidos á situación de cada intérprete (chegada e saída do escenario, movementos neste...).
  • Pode ser de axuda a creación dun plano do escenario para, de xeito visual, ter claro cada paso.
  • Tras esta análise por escrito, queda o máis importante: podedes achegarvos ao escenario para ver se o tedes claro e poñer en práctica todos os movementos.
  • Se precisades máis información, pedide axuda ao voso profesor ou profesora.

E o atrezo?

O debuxo de varias pezas de roupa: xersei, pantalón e saia

Co papel interiorizado e todos os movementos que tedes que facer no escenario claros, chega outra parte importante. Tedes listo o voso atrezo?

Buscade nos vosos armarios a roupa máis acaída para o voso personaxe, non ten que ser nada creado ex profeso, de seguro tedes algún trapo acaído, isto axudará a facervos máis claramente recoñecibles e fará a actuación aínda máis atractiva!

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)