Imos ver máis polo miúdo as características que podes atopar dentro dun texto teatral.
Texto primario (os diálogos)
Número de parlamentos de cada personaxe.
Extensión dos parlamentos de cada personaxe.
Texto secundario (as acotacións)
Que información mostra? (tempo, espazo, personaxes, decoración, etc)
Personaxes
Personaxes principais.
Personaxes secundarios.
Espazo
Espazos abertos (bosque, praia...).
Espazos pechados (casa, biblioteca...).
Espazos reais (Vigo, unha aldea...).
Espazos imaxinarios (unha cidade que non existe, Narnia...).
Tempo
Ademais de ter en conta as estacións, meses ou partes do día en que se desenvolve a acción, tamén hai que prestar atención á liña temporal do discurso.
Pasado: uso de verbos en pretérito, adverbios como ''onte'' etc.
Presente.
Futuro: uso de tempos en futuro, adverbios como ''mañá'', etc.