Saltar navegación

Vaca e cabra

VACA

OUTRA VACA MÁIS NO MILLO 

Significado: Expresión para indicar que unha cousa, situación, actuación é igual de mala ca outra coñecida. 

Exemplo: Disque os combustibles volven subir de prezo. Outra vaca máis no millo! xa tiñamos poucos problemas e agora isto. 

SE NON É BOI, É VACA 

Significado: Se non é unha cousa, será a contraria. 

Exemplo: Dá igual:  eu digo que non é el e ti dis que si, se non é boi é vaca; pero alguén coñecido é. 

CABRA

ESTAR COMA UNHA CABRA

Significado: Ter pouco sentido, ter pouco xuízo.

Exemplo: Tirácheste en paracaídas por vez primeira sen falar antes cun monitor? Estás coma unha cabra!

SER AS CABRAS QUE TES QUE GARDAR

Significado: Ser o que tes que coidar ou ao que tes que atender

Exemplo: Pois se non pechou a porta ao saír e agora lle entraron na casa, que o fixera, que son as cabras que ten que gardar. 

Project-Id-Version: eXeLearning 2.6Report-Msgid-Bugs-To: POT-Creation-Date: 2021-05-04 18:24+0200PO-Revision-Date: 2021-04-25 19:19+0200Last-Translator: Pablo Nimo Liboreiro Language: glLanguage-Team: eXeLearning.net Plural-Forms: nplurals=2; plural=(n != 1)MIME-Version: 1.0Content-Type: text/plain; charset=utf-8Content-Transfer-Encoding: 8bitGenerated-By: Babel 2.4.0