Saltar navegación

Cara e ollo

CARA

TER MOITA CARA

Significado: Ser un desvergonzado, ser un atrevido. 

Exemplo: Mira que tes cara dicir que non é certo cando sabes perfectamente que si, que foi el quen roubou na tenda. 

VER A CARA A ALGUÉN

Significado: Enfrontarse con alguén

Exemplo: Despois do mal que me fixeches xa nos veremos as caras e che direi catro cousas. 

OLLO

BOTAR O OLLO 

Significado: Fixarse en algo ou en alguén.

Exemplo: Tan pronto como viu o vestido no escaparate xa lle botou o ollo e dixo que o había mercar. 

ABRIRLLE OS OLLOS A ALGUÉN

Significado: Axudarlle a alguén a darse conta de algo do que non era consciente.  Desenganar.

Exemplo: Pensaba que eras boa persoa, pero xa me abriron os ollos e xa non me enganas. 

COMER COS OLLOS 

Significado: Fixarse moito en algo ou alguén, ollándoo con desexo ou interese.

Exemplo: Vino aparecer pola porta e quedei prendada, comíao cos ollos. 

Project-Id-Version: eXeLearning 2.6Report-Msgid-Bugs-To: POT-Creation-Date: 2021-05-04 18:24+0200PO-Revision-Date: 2021-04-25 19:19+0200Last-Translator: Pablo Nimo Liboreiro Language: glLanguage-Team: eXeLearning.net Plural-Forms: nplurals=2; plural=(n != 1)MIME-Version: 1.0Content-Type: text/plain; charset=utf-8Content-Transfer-Encoding: 8bitGenerated-By: Babel 2.4.0