
Os nutrientes realizan multitude de funcións no organismo. Poden clasificarse en tres tipos:
- nutrientes enerxéticos: proporcionan enerxía ao organismo. Son ricos en glícidos e lípidos.
- nutrientes estruturais ou plásticos: proporcionan os materiais para construír estruturas para o crecemento e reparar o organismo, así como a fabricación de tecidos...Son ricos en proteínas e algúns minerais.
- nutrientes reguladores: regulan as reaccións metabólicas. Son ricos en vitaminas, sales minerais e oligoelementos.
Cada tipo de nutriente posúe un valor enerxético e o noso organismo necesita unha gran cantidade de enerxía para vivir e realizar actividades. A taxa de metabolismo basal (TMB) é a cantidade de enerxía (en quilocalorías) que o noso corpo consome durante un día estando en repouso absoluto e temperatura constante. Esta taxa varía en cada persoa e diminúe coa idade e coa masa corporal. Ademais á TMB hai que engadir o gasto enerxético que cada persoa realiza coa súa actividade física diaria.
As necesidades enerxéticas varían segundo as características físicas e o tipo de actividade de cada persoa. En base a estas necesidades cada un debe seguir unha dieta específica. A dieta que favorece o correcto funcionamemto dunha persoa debe ser saudable e equilibrada. A Organización Mundial da Saúde dá uns consellos prácticos para manter unha alimentación saudable.