Saltar navegación

Lombo e cachas

LOMBO

TER BO LOMBO

Significado: Ter bo corpo para exercer un traballo, estar forte

Exemplo: Colle ti o cesto da leña que tes bo lombo. 

ARRIMAR O LOMBO 

Significado: Axudar a facer algo, cooperar.

Exemplo: Anda, arrima o lombo aquí que cantas máis persoas sexamos a meter a leña no cuberto mellor.

CACHAS

ATA AS CACHAS

Significado: Moito, totalmente, a fondo

Exemplo: Namorouse ata as cachas, xa non ve máis que polos seus ollos. 

POÑER AS CACHAS QUENTES

Significado: Dar unhas azoutas.

Exemplo: Como non te portes ben, vouche  poñer as cachas quentes. 

Project-Id-Version: eXeLearning 2.6Report-Msgid-Bugs-To: POT-Creation-Date: 2021-05-04 18:24+0200PO-Revision-Date: 2021-04-25 19:19+0200Last-Translator: Pablo Nimo Liboreiro Language: glLanguage-Team: eXeLearning.net Plural-Forms: nplurals=2; plural=(n != 1)MIME-Version: 1.0Content-Type: text/plain; charset=utf-8Content-Transfer-Encoding: 8bitGenerated-By: Babel 2.4.0