Saltar navegación

Pera e leite

PERA

FEITA COMA UNHA PERA 

Significado: Ser moi feita, moi guapa. 

Exemplo: Ten unha filla que se lle parece, é feita coma unha pera. 

CADA PERA POLO SEU RABO

Significado: A cada cousa o que lle corresponde, cada cousa como é. Cómpre ser xustos e obxectivos. 

Exemplo: Non ten a mesma gravidade o que fixo el ca o que fixo ela, cada pera polo seu rabo. Non poden ter o mesmo castigo. 

LEITE

DAR LEITE POLOS CORNOS

Significado: Úsase cando alguén esaxera moito.

Exemplo: Ai, si! Vai contando que se fixo rico a conta do traballo, dá leite polos cornos! Outros ingresos terá...

TER O LEITE NOS BEIZOS 

Significado: Non ter experiencia en algo.

Exemplo: Empezou onte no traballo e aínda ten o leite nos beizos. Aínda lle queda tanto que aprender!

Project-Id-Version: eXeLearning 2.6Report-Msgid-Bugs-To: POT-Creation-Date: 2021-05-04 18:24+0200PO-Revision-Date: 2021-04-25 19:19+0200Last-Translator: Pablo Nimo Liboreiro Language: glLanguage-Team: eXeLearning.net Plural-Forms: nplurals=2; plural=(n != 1)MIME-Version: 1.0Content-Type: text/plain; charset=utf-8Content-Transfer-Encoding: 8bitGenerated-By: Babel 2.4.0