Saltar navegación

AS PARTES DO CORPO

Niveis organizativos ser humanoA materia viva, ao longo devolución biolóxica, organizouse desde os estados máis simples (niveis abióticos) ata outros máis complexos (niveis bióticos), exclusivos dos seres vivos.
As unidades que forman un ser vivo presentan diferentes graos de complexidade chamados niveis de organización. Nos seres humanos pódense distinguir os seguintes niveis de organización, ordenados de menor a maior complexidade:
Niveis abióticos
– Os átomos son as unidades máis sinxelas da materia. Neste nivel inclúense os elementos químicos que forman parte dos seres vivos, por exemplo: carbono, osíxeno, hidróxeno,  etc.
– As moléculas están formadas pola agrupación de átomos; estas poden ser moi simples, como a auga, ou moléculas moi complexas propias dos seres vivos: proteínas, vitaminas, ácidos nucleicos, etc.
– A este nivel tamén pertencen os orgánulos celulares como as mitocondrias.
Niveis bióticos
– As células, unidade vital dos seres vivos, asócianse para realizaren un traballo determinado e forman os tecidos: epitelial, muscular, nervioso,etc.
– Os tecidos agrúpanse en órganos con funcións específicas, por exemplo: corazón, riles, ovarios, pulmóns, etc.
– Un grupo de órganos que cooperan para exercer unha función vital forma un aparello ou sistema: dixestivo, excretor, locomotor, etc.
Sistemas e aparellos colaboran en coordinación perfecta, e conforman o funcionamento do corpo humano.

Project-Id-Version: eXeLearning 2.6Report-Msgid-Bugs-To: POT-Creation-Date: 2021-05-04 18:24+0200PO-Revision-Date: 2021-04-25 19:19+0200Last-Translator: Pablo Nimo Liboreiro Language: glLanguage-Team: eXeLearning.net Plural-Forms: nplurals=2; plural=(n != 1)MIME-Version: 1.0Content-Type: text/plain; charset=utf-8Content-Transfer-Encoding: 8bitGenerated-By: Babel 2.4.0