Saltar navegación

Can, raposo e lobo

CAN

ESTAR SEN UN CAN 

Significado: Non ter cartos

Exemplo: Xa pagarás ti os cafés que eu estou sen un can. 

NON TER UN CAN QUE CHE LADRE

Significado: Non ter quen che faga caso, estar só no mundo. 

Exemplo: Dá pena velo, despois do mal que se portou non ten un can que lle ladre. 

MORRER COMA UN CAN 

Significado: Morrer só e abandonado.

Exemplo: Non ten familia aquí e morreu coma un can, só no hospital. 

RAPOSO

SALTOU O RAPOSO DO VALADO

Significado: Ser o menos indicado para dicir algo

Exemplo: Ai, saltou o raposo do valado! Ti que sempre dis que non hai que comer a deshoras, pedindo unha tapa ao camareiro. 

SER UN RAPOSO VELLO

Significado: Obrar con astucia debido á experiencia que se ten. 

Exemplo: O Avelino é un raposo vello e non che dirá esas palabras en público, onde algúen o poida escoitar e acusar. 

LOBO

COMA QUEN OE OUVEAR O LOBO

Significado: Con total indiferenza

Exemplo: Eu que o coñezo ben e sei do que é capaz, cando dixo que se sentía ofendido, actuei coma quen oe ouvear o lobo. 

VERLLE AS ORELLAS AO LOBO 

Significado: Gañar medo, asustarse

Exemplo: Cando escoitou que a policía andaba preguntando por el, veulle as orellas ao lobo. 

Project-Id-Version: eXeLearning 2.6Report-Msgid-Bugs-To: POT-Creation-Date: 2021-05-04 18:24+0200PO-Revision-Date: 2021-04-25 19:19+0200Last-Translator: Pablo Nimo Liboreiro Language: glLanguage-Team: eXeLearning.net Plural-Forms: nplurals=2; plural=(n != 1)MIME-Version: 1.0Content-Type: text/plain; charset=utf-8Content-Transfer-Encoding: 8bitGenerated-By: Babel 2.4.0