Os animais conforman un grupo moi heteroxéneo. Porén, todos presentan unhas características comúns:
- A súa nutrición é heterótrofa.
- Viven en ambientes acuáticos e terrestres.
- A maior parte deles poden moverse.
- Están formados por células eucariotas.
- Son pluricelulares.
- Case todos eles posúen esqueleto interno (endoesqueleto) ou externo (exoesqueleto).
Os animais poden clasificarse de diferentes formas:
- Se teñen ou non columna vertebral: invertebrados (sen columna vertebral) e vertebrados (con columna vertebral).
- Segundo a procedencia do alimento: carnívoros (aliméntanse doutros animais); herbívoros (aliméntanse de plantas) e omnívoros (toman alimentos de orixe animal e vexetal).
- En canto á forma de alimentarse: sedimentívoros (toman a materia orgánica do sedimento); parasitos (aliméntanse doutros seres vivos, sen matalos); preeiros (consomen os cadáveres doutros animais); filtradores (aliméntanse das partículas orgánicas que hai na auga) e depredadores (elixen e capturan as súas presas).