Saltar navegación

Man e pé

MAN

BOTAR UNHA MAN

Significado: Axudar, prestar axuda a alguén. 

Exemplo: Ben me podías botar unha man para resolver este asunto. 

TER DE MAN

Significado: Contar con alguén para facer ou arranxar algo.

Exemplo: Estropeóuselle o coche e chamou a un mecánico que ten de man e que é moi bo profesional. 

CAER DE PÉ

Significado: Ter sorte, saír ben dunha situación difícil

Exemplo: Pódese dicir que caeu de pé: tivo un accidente grave e salvou a vida de milagre.

DISCORRER MÁIS COS PÉS QUE COA CABEZA

Significado: Non pensar ben as cousas, non razoar o suficiente

Exemplo: Non sei como se che ocorreu apagar o lume con gasolina: discorres máis cos pés que coa cabeza. 

LAMBER OS PÉS 

Significado: Adoptar unha postura servil con algúen, adular

Exemplo: Desde que sabe que ela é a xefa non fai máis que lamberlle os pés. 

Project-Id-Version: eXeLearning 2.6Report-Msgid-Bugs-To: POT-Creation-Date: 2021-05-04 18:24+0200PO-Revision-Date: 2021-04-25 19:19+0200Last-Translator: Pablo Nimo Liboreiro Language: glLanguage-Team: eXeLearning.net Plural-Forms: nplurals=2; plural=(n != 1)MIME-Version: 1.0Content-Type: text/plain; charset=utf-8Content-Transfer-Encoding: 8bitGenerated-By: Babel 2.4.0