Saltar navegación

Papo e nariz

PAPO

TER NO PAPO 

Significado: Ter un segredo, saber algo que non se quere compartir. 

Exemplo: Aínda que non o contes, eu sei que tes algo no papo. 

A PAPO CHEO

Significado: Con moita abundancia. 

Exemplo: Puxeron de comer e beber a papo cheo. 

NARIZ

DAR NO NARIZ

Significado: Sospeitar algo

Exemplo: Xa me daba a min no nariz que estabades tramando algo para sorprenderme polo aniversario. 

ENCHER OS NARICES 

Significado: Cansar, fartar 

Exemplo: Estánseme enchendo os narices de vervos aí tirados no sofá sen facer nada de nada. 

NON VER MÁIS ALÓ DO NARIZ

Significado: Ser pouco perspicaz, non ver máis alá, non ser quen de facer suposicións a longo prazo. 

Exemplo: A quen lle fuches preguntar quen gañaría as próximas eleccións? Se ese non ve máis aló do seu nariz, é incapaz de analizar a situación. 

Project-Id-Version: eXeLearning 2.6Report-Msgid-Bugs-To: POT-Creation-Date: 2021-05-04 18:24+0200PO-Revision-Date: 2021-04-25 19:19+0200Last-Translator: Pablo Nimo Liboreiro Language: glLanguage-Team: eXeLearning.net Plural-Forms: nplurals=2; plural=(n != 1)MIME-Version: 1.0Content-Type: text/plain; charset=utf-8Content-Transfer-Encoding: 8bitGenerated-By: Babel 2.4.0