Saltar navegación

Pan e fariña

PAN

NON CABER O PAN NA BOCA

Significado: Non saber gardar un segredo.

Exemplo: Es ben lareto, non che cabe o pan na boca! Nunca máis che conto nada. 

POÑER A PAN PEDIR 

Significado: Falar moi mal de algo ou de alguén. 

Exemplo: Estaba Tucho na taberno poñendo a pan pedir ao curmán.

FARIÑA

ESTAR METIDO EN FARIÑA 

Significado: Estar involucrado nun asunto.

Exemplo: Agora non podo deixar a escritura do libro porque xa estou metido en fariña e dediqueille xa moitas horas. 

SER FARIÑA DOUTRA MUIÑADA

Significado: Ser un tema ou asunto distinto. 

Exemplo: Non mesturemos as cousas: unha cousa é que a novela sexa boa e outra que non lle dean o premio. Iso é fariña doutra muiñada. 

Project-Id-Version: eXeLearning 2.6Report-Msgid-Bugs-To: POT-Creation-Date: 2021-05-04 18:24+0200PO-Revision-Date: 2021-04-25 19:19+0200Last-Translator: Pablo Nimo Liboreiro Language: glLanguage-Team: eXeLearning.net Plural-Forms: nplurals=2; plural=(n != 1)MIME-Version: 1.0Content-Type: text/plain; charset=utf-8Content-Transfer-Encoding: 8bitGenerated-By: Babel 2.4.0