Saltar navegación

OS ALIMENTOS

collage alimentosA alimentación é o proceso consciente e voluntario mediante o que se toman alimentos do exterior. A partir dos alimentos que consumimos, conseguimos nutrientes que nos proporcionan a materia precisa para elaborar novas estruturas, manter as existentes e tamén para obter a enerxía necesaria.
O alimento é todo aquel produto que se toma e que contén nutrientes (froita, peixe, ovos,...).

Pola súa parte a nutrición é un proceso complexo, inconsciente e involuntario, polo que os alimentos se transforman en nutrientes, os cales chegan a todas as células do organismo para poder ser absorbidos e ser utilizados nos procesos metabólicos. No seu proceso interveñen os aparellos dixestivo, circulatorio, excretor e respiratorio.

Os nutrientes son as substancias químicas a partir das cales obtemos enerxía e sintetizamos a nosa propia materia (glícidos, proteínas e graxas).  Poden clasificarse en dous grandes grupos: inorgánicos e orgánicos. Os nutrientes inorgánicos son  a agua e os sales minerais.. Os nutrientes orgánicos son biomoléculas que só se atopan en alimentos de orixe orgánica (animal ou vexetal): glícidos, lípidos, proteínas  e vitaminas.

Project-Id-Version: eXeLearning 2.6Report-Msgid-Bugs-To: POT-Creation-Date: 2021-05-04 18:24+0200PO-Revision-Date: 2021-04-25 19:19+0200Last-Translator: Pablo Nimo Liboreiro Language: glLanguage-Team: eXeLearning.net Plural-Forms: nplurals=2; plural=(n != 1)MIME-Version: 1.0Content-Type: text/plain; charset=utf-8Content-Transfer-Encoding: 8bitGenerated-By: Babel 2.4.0