Se volvemos a abrir o menú /Poner agora vemos que aparecen activos xa que temos un documento no que empezar a traballar.
Como verás, está dividido en tres seccións separadas por unha liña: a de arriba inclúe tipos de caixas que desempeñan diferentes funcións, a segunda son obxectos de interacción que emulan aparellos físicos do mundo real, como botóns ou interruptores, e os de abaixa táboas e gráficos.
Sería algo así:
Visto deste xeito, parece que non son demasiadas opcións, pero, por exemplo a caixa obxecto en realidade non é so unha opción, se non que pode facer o que lle pidamos.
As propiedades dalgúns destes obxectos se poden configurar facendo clic co botón dereito sobre eles e escollendo no menú que aparece a opción propiedades. Por exemplo nun controlador de valores vertical podemos establecer cuestións relativas ao aspecto (ancho, altura, nome, cor etc.) como ao seu comportamento (valor mínimo, valor máximo).
Estes últimos son especialmente interesantes xa que podemos querer que os valores que devolva cando o movemos vaian de 0 a 100, ou de 100 a 400, etc. en función do que nos interese máis.