Saltar navegación

Metro en PD

En PD é moi doado facer un metrónomo xa que, entre a longa lista de obxectos que podemos crear temos un que cumpre esta función.

Non obstante non é un metrónomo no sentido tradicional xa que non funciona en pulsacións por segundo se non que os valores son medidas temporais convencionais, concretamente en milisegundos.

Logo verás que con algún calco matemático sinxelo sempre podemos convertelo a BPM (beats per minute), pulsacións por minuto, por exemplo.

Para crealo basta, como xa explicamos antes, poñer unha caixa de obxecto no noso proxecto indo a /Poner e escollendo a primeira opción, /Objeto, en modo edición, e escrebemos dentro da caixa a palabra metro. Logo dámoslle a Enter ou pulsamos fora da caixa.

Menú para crear un obxecto

Caixa para aloxar o obxecto metro

Obxecto metro creado

Pero isto non é suficiente xa que para comprobar que funciona temos que activalo, dicirlle a que velocidade queremos que funcione e poñer algún tipo de receptor que nos indique se está respondendo.

Así que o seguinte que temos que facer é ir ao menú /Poner e escoller Toggle (interruptor), conectamos a súa saída á entrada esquerda do obxecto metro. Logo creamos dende o mesmo menú unha caixa de Número e conectamos a súa saída á entrada dereita do metro.

Por último escollemos do menú /Poner un Bang (botón) conectando a única saída de metro á única entrada do Bang.

Conexións de obxectos ao noso metrónomo

Bang cando envía datos de saída funciona como un botón, pero cando recebe datos de entrada funciona como unha luz ou piloto tipo LED.

O seguinte é saír do modo Edición indo ao menú /Editar seleccionando a opción Modo Edición.

Saíndo de modo edición para poder controlar o noso obxecto metro

Xa podemos introducir un valor na caixa de número ao que queremos que se mova o noso metrónomo. Isto podes facelo pulsando encima da caixa e, sen soltar, mover cara arriba ou abaixo para incrementar ou reducir o valor, ou ben podes escribir o número directamente e darlle a Enter.

Lembra que está en milisegundos polo que se pos un valor de 1000 marcará unha pulsación cada segundo que pase.

Logo temos que pulsar o Toggle (caixa de interruptor) e xa empezará a funcionar.

Comprobaremos como se activa o Bang con cada pulso.

Animación do obxecto metro funcionando