O primeiro que temos que facer para poder empezar a programar é crear un documento novo. Para isto basta con que vaiamos a ao menú /Arquivo e á opción /Novo.
A continuación aparecerá unha ventá en branco onde podemos construír os nosos programas. Estes documentos chámase patches. Non é que isto sexa moi importante, pero está ben que o saibas por se consultas outra documentación de Pure Data.
O nome se debe ao sistema de conexión duns obxectos con outros mediante cables virtuais emulando ao que se fai nalgúns sistemas electrónicos, xa que en inglés unha das acepcións de Patch é conectar.
Aquí será onde imos colocar as caixas, que dependendo da función que teñan serán dun tipo ou doutro.
Basicamente temos tres tipos de familias de elementos: os obxectos, os obxectos visuais e as mensaxes.