Saltar navegación

METRÓNOMO

¿Sabias qué...?

O Metrónomo é un sistema de reloxería que permite marcar con precisión o tempo dunha obra musical. Consiste nun péndulo invertido parecido aos antigos reloxos de parede, pero posto do revés.

Dependendo de onde coloquemos o contrapeso da barra central moverase a maior ou menor velocidade. Canto máis abaixo está o contrapeso máis rápido se move emitindo un clic audible que serve de sinal acústica para guiar ao músico nos ensaios indicándolle o tempo.

Isto permitiu aos compositores indicar na partitura a velocidade exacta de referencia coa que se deberían interpretar as súas obras.

Aínda que habitualmente se lle atribúe o mérito da súa invención ao austríaco Johann Nepomuk Mäzel, o certo é que el so se limitou a perfeccionar un dos sistemas xa existente con antelación, patentalo e presentalo como propio no ano 1812.

Se ben é moi útil utilizar na partitura a indicación de velocidade medida polo metrónomo, os compositores seguiron utilizando palabras para expresar o tempo, xa que estás non eran só indicacións de tempo se non que tamén facían referencia a un tipo de sensibilidade, carácter ou estado de ánimo como Allegro, Andante, Grave, Vivace, etc.

O turco

Detalle mecanismo da figura de O Turco

Detalles de O Turco| Dominio Público | Wikipedia

Realmente existe unha grande relación entre o mecanismo de reloxería que move aos metrónomos desta época e os resortes que se atopaban nalgúns autómatas e a vida de Johann N. Mäzel, quen formalizou este dispositivo, estivo moi ligada a estes últimos por ser o propietario dun dos dispositivos máis famosos e perturbadores da súa época, un xogador de xadrez alcumado O Turco polo seu aspecto e vestimenta.

Mäzel comprouno este autómata capaz de xogar ao xadrez cunha grande maestría logo da morte do seu construtor Von Kempelen e fixo algúns engadidos como a posibilidade que que pronunciara a palabra xaque. Nos primeiros anos do século XIX continuou coas xiras de exhibición por todo o mundo derrocando a aficionados, profesionais e mesmo persoas de renome, como o gran estratego Napoleón Bonaparte. A fama do Turco e as súas partidas de xadrez xeraban moita expectativa e ocupaban artigos nos xornais dos lugares por onde pasaba.

A maioría da xente daba por sentado que se trataba dun autómata que desafiaba calquera lóxica do momento xa que era inaudito imaxinar unha máquina capaz de pensar. O propio Mäzel disipaba calquera dúbida sobre o seu funcionamento cando, antes de iniciar a partida, abría os diferentes compartimentos inferiores e amosaba un complexo mecanismo de pancas e rodas dentadas. Non obstante sempre houbo voces que o viron con sospeita sendo unha das máis coñecidas a do escritor Edgar Allan Poe, quen lle adicou un texto tratando de desentrañar o secreto do turco.

Como o propio Poe apuntaba, xunto a outros autores da época, finalmente descubriuse que se trataba dunha xogo de ilusionismo a modo de complexa marioneta que era accionada dende o seu interior por un xadrecista experto. De feito foron moitos os que ocuparon este lugar e o mantiveron en secreto durante anos. Como explica o investigador Simon Schaffer, o Turco resultou ser un ser humano pretendendo ser un autómata que, á súa vez, pretendía ser un ser humano.

En realidade o seu creador nunca dixo que se tratara dun autómata se non que o denominaba como "un mecanismo moi sinxelo: unha bagatela duns resultados tan marabillosos debidos principalmente á audacia da súa concepción, e á afortunada elección nos métodos que se adoptaron para estimular a ilusión".

Interior do truco desvelando o seu secreto

O Turco| Dominio Público | Wikipedia

Terían que pasar moitos anos para que se presentara o primeiro xogador de xadrez non humano sentando moitas das bases da intelixencia artificial, e sería da man dun matemático de orixe cántabra chamado Leonardo Torres Quevedo no ano 1912. 

O xadrecista, tal e como foi bautizado polo seu creador, estaba lonxe de calquera imitación de faccións humanas pero agora si se compre a utopía de Von Kempelen e xogaba de seu.

O METRÓNOMO COMO INSTRUMENTO

Se ven este instrumento que mide o tempo normalmente ten unha función auxiliar durante a práctica musical para perfeccionar o ritmo, o compositor György Ligeti compuxo unha curiosa obra para cen metrónomos titulada Poème Symphonique para 100 metrónomos.

Podes ler máis sobre esta idea compositiva sonora moi vinculada co mundo da performance artística e as accións de Fluxus neste enlace.