Saltar navegación

PD > ARDUINO

O noso primeiro traballo con Arduino ao principio de todo o fixemos dende un patch xa creado que incluía unha representación gráfica das diferentes entradas e saídas de Arduino, isto non é o máis idóneo cando o que queremos é crear un sistema que optimice os recursos.

De feito ás veces o patch visual non funciona moi ben dependendo da versión que teñas instalada de Linux. Foi por isto polo que, se te lembras, tamén incluímos unha opción para facelo de xeito máis limpo con menos elementos.

Este tipo de interfaces visuais son interesantes para poder comprender o funcionamento das conexións, probar que todo funciona e aprender algo máis sobre os tipos de portos, pero consumen bastante recursos que son especialmente valiosos cando queremos crear patches complexos.

En lugar de traballar con ese interface imos ver como facelo directamente usando o obxecto Arduino en Pure Data.