Antes de nada imos aprender algunhas nocións básicas para traballar con Pure Data.
Como verás é un software bastante sinxelo e intuitivo, pero hai que coñecer un pouco que tipo de compoñentes usa, como conectalos, como dirixirse a eles e finalmente como construír un sistema.
De tódolos xeitos, se ben é interesante que teñas este coñecemento de cara a, no futuro, poder desenvolver proxectos de xeito máis creativo, non será necesario se o que queres é experimentar co material que atoparás aquí, xa que te facilitaremos programas xa creados en PD para que poidas controlar os diferentes motores.
Cando abrimos Pure Data o único que nos aparece é unha ventá que se chama terminal. Poderiamos dicir que é o taboleiro a través do que o programa vaise comunicar con nos cando algo falla, ou responder se lle pedimos algún tipo de información. Pero basicamente nos non temos que facer nada máis que prestarlle atención de vez en cando ou cando algo non funciona, por se hai algún tipo de erro do programa.
Existe unha opción que pon DSP (procesado de sinal dixital) pero que non activaremos xa que esta so é necesaria cando queremos que sexa o programa o que produza o son.
Nesta proposta didáctica, como xa explicamos, non é o caso, dado que nos limitaremos a controlar fluxo de datos pero non a emitir son electrónico. Serán os instrumentos acústicos que ideemos partindo do aprendido os que o farán. Lembra que se estás interesado en aprender sobre esta outra faceta de PD podes visitar este material didáctico.
Na parte superior hai unha barra con menús onde, como na maioría dos programas, podemos atopar diferentes opción que iremos vendo nos seguintes apartados paso a paso. Se imos, por exemplo, ao de /Poner verás que aparece desactivado.
Isto é porque aínda non temos creado un documento de traballo. Vamos aló...