Nesta unidade falaremos dalgunhas nocións básicas de Pure Data, para que te familiarices con el e entendas como funciona, sempre tendo en conta que é un software con moitas posibilidades e nos so nos centraremos naquelas que resultarán de especial utilidade para traballar coa proposta que aquí presentamos e que ten un carácter introdutorio.
A partir do aprendido nos seguintes apartados hai un mundo de posibilidades e moita información e titoriais para que ti podes modificar os exemplos presentados e crear algúns nos que se introducen elementos tan interesantes como a aleatoriedade.
Lembra que este material é interesante se o pos na práctica e buscas elementos sonoros simples ou complexos que poidan ser activados polos motores que logo veremos e controlados musicalmente dende Pure Data.