Este apartado so busca que entendas algo máis sobre os rudimentos desta linguaxe de programación. Se pensamos en termos de sintaxe na lingua, cando facemos unha frase, a caixa obxecto sería como o lugar onde vai o verbo, pero ese verbo pode implicar moitas accións diferentes.
Por exemplo, se dentro da caixa aparece o texto osc~, isto fai que esa caixa se converta nun oscilador. O símbolo ~ cando acompaña a un obxectos quere dicir que é un obxecto que traballa nunha resolución sonora. Nos isto non o utilizaremos porque non imos traballar con este tipo de obxectos nesta unidade.
Neste caso ese oscilador se o conectaramos a unha saída para que fora audible produciría un ton. Quedaría algo así, por exemplo:
Ves que creamos outro obxecto chamado dac~ que tamén remata nunha cedilla. Quere dicir que, igual que osc~, é un obxecto que traballa no ámbito da creación dixital sonora.
É concretamente un obxecto que lle di ao noso ordenador que mande o son aos altofalantes, o que ven sendo unha saída de son.
Dac sería un acrónimo de digital to analogic converter, é dicir, convertedor de son dixital, o xerado polo ordenador en díxitos (uns e ceros), a son analóxico, o que producen os conos dos altofalantes cando se moven.
Como ves os obxectos teñen que comunicarse, para que un reciba a información do outro. Iso faise cos cables virtuais que xa vimos.
Neste caso conectamos un a cada extremo do obxecto dac~ xa que queremos que o son saia polos dous altofalantes se temos un sistema estéreo, pero poderiamos conectalo so a un. Para conectar un obxecto a outro basta con pinchar nas saídas da parte inferior dun e tirar o cable sen soltar ata a esquina ou esquinas superiores do obxecto final como mencionamos nos apartados anteriores.
Non te preocupes. Non vou a entrar a explicar todas as posibilidades de cada un dos obxectos, nin traballaremos con son directamente en PD, nos xogaremos con organización de eventos musicais, polo que se non escoitabas nada no exemplo anterior non tes porque preocuparte xa que temos desactivado a produción sonora.
Como xa mencionei, se tes interese en aprender máis sobre como crear son usando PD podes visitar estas unidades didácticas.
Tampouco vou explicar a infinidade de obxectos que existen, iremos vendo aqueles que necesitemos para desenvolver os nosos proxectos, controlar os movementos dos nosos motores e poder facer secuencias de movemento.
Se queres aprender máis sobre os tipos de obxectos en xeral e as súas posibilidades podes consultar manuais coma este ou similares que atoparás na rede.