Saltar navegación

Posibles erros

O traballo cos portos en PD podes ser un pouco delicado.

Pode que no terminal vexas erros deste tipo:

[comport] ** ERROR ** could not open device /dev/tty.RNBT-DCEE-RNI-SPP:
failure(16): Resource busy

[comport] opening serial port 1 failed!
[arduino]: version 0.8

Isto significará que escolliches un porto que non pode abrir xa que o dispositivo non se corresponde cun Arduino.

Normalmente acontece se tes o número de porto xa escrito dentro da caixa do obxecto arduino e non coincide con co porto actual no que está conectado ou o Arduino está desconectado.

Tamén pode que te diga isto:

[comport] ** WARNING ** port #4 does not exist! (max == 2)
[comport] opening serial port 4 failed!
[arduino]: version 0.8

Isto significa que non hai ningún dispositivo conectado neste porto.

Neste caso so terías que buscar en que porto pode estar o teu Arduino facendo clic en devices e editar o número que acompaña á palabra arduino no obxecto.

Tamén lembra que se tes aberto outro programa que estea usando ese porto, como por exemplo o Arduino IDE, podes ter outro tipo de erros.

O ideal é que se tes calquera dúbida ante erros que descoñezas probes a pechar o resto de programas. Se aínda así non se soluciona mellor reinicia o ordenador.

Ás veces, aínda que peches un programa os portos quedan abertos e poden crear conflitos de conexión.