Saltar navegación

SECUENCIAR

¿Que é un secuenciador?

Cando falamos dun secuenciador na actualidade nos referimos a programas informáticos, aplicacións ou dispositivos electrónicos que permiten programar unha serie de eventos musicais, por exemplo altura, intensidade ou duración, que quedan almacenados e se poden repetir.

Gran parte da música electrónica, especialmente a de baile polo seu carácter rítmico, está baseada neste tipo de procesos xa que hai un compoñente moi importante da repetición, e as secuencias sonoras se prestan moito a este carácter repetitivo sobre o que se constrúen os temas musicais.

Aquí tes un breve exemplo de como se vería nun secuenciador un fragmento do famoso ragtime Entertainer de Scot Joplin.

É tamén habitual que, se ben se repiten unha serie de eventos, algúns outros poden manipularse en tempo real o que, dentro da repetición, confiren ás composicións certo grado de variabilidade facéndoas mais animadas e dinámicas.

Se queres experimentar con secuenciadores, máis alá do que veremos nestas unidades nas que nos centraremos no control de dispositivos mecánicos, podes probar moitas opcións en formato app para o móbil ou mesmo virtuais no teu navegador. Por poñer un exemplo moi básico podes tentalo con esta aplicación ou con esta outra.

Aínda que como diciamos, na actualidade se fala de secuenciadores para referirse a dispositivos electrónicos ou mecánicos, o certo é que este concepto é moi antigo e se baseaba no uso de cilindros ou discos con púas, moi utilizados en certos autómatas ás veces movidos polo efecto da auga.

Solomon de Caus: Les Raisons des forces mouvantes (1911) | CC BY | Wikimedia

Pero quizás Quizás te resulten máis familiares outros dispositivos como, por exemplo, as caixas de música.

No seguinte vídeo podes ver o seu funcionamento moi ben explicado, así como a complexidade do mecanismo que lles da vida.

Son estes un dos dispositivos mecánicos musicais máis famosos da historia e que aínda se poden atopar á venda, moitas veces como souvenir, ao tempo que constantemente constantemente o seu repertorio con novas melodías populares. S

e queres activar os subtítulos en inglés podes ir ao link da wikipedia, pero a finalidade deste vídeo é sobre todo, que vexas ilustrada a complexidade destes pequenos autómatas sonoros.

Bill Hammack: How a Wind Up Music Box Works (2015) | Dominio Público | Wikimedia

Tamén, como explicamos na introdución sobre a historia dos autómatas, a partir do século XIX se utilizaron rolos de papel perforados como os que podemos atopar nas pianolas e outros aparellos de música mecánica como certo tipo de órganos.

Detalle de rolo de pianolThomas Quine. Foto detalle dun rolo de pianola | CC BY 2.0Wikimedia