Saltar navegación

Activando

Agora ben, se quixeramos usar o contador que acabamos de ver como un disparador de eventos, a modo de secuenciador, veríamos que todos os valores son activos, pero nos queremos poder decidir cales están activos e cales non, é dicir, cales acenden e cales non os nosos robots, de xeito que poidamos crear ritmos ou secuencias. Podemos querer que un instrumento so soe no golpe 0.

|X|   |   |   |

Mentres que outro queremos que o faga no 2 e no 4.

|   |X|   |X|

Sería algo así:

Poder controlar este tipo de combinacións é o que nos vai permitir compoñer estruturas ou secuencias sonoras que se poden combinar para crear unha maior complexidade, como iremos vendo.

Aquí é onde entra en xogo dous obxectos novos; select e spigot.

Select crea unha lista de valores seguindo as nosas indicacións. Cando o valor que pasa pola súa entrada coincide cun dos valores manda esa mensaxe pola saída correspondente. Como verás terá tantas saidas como elementos declares no interior do obxecto.

Para crealo basta con poñer unha caixa de obxecto e escribir dentro select e, a continuación, escribir os valores que queremos que recoñeza, por exemplo 0, 1, 2...

Fíxate que, efectivamente, crea tantas saídas como valores teña. Ben, en realidade crea unha máis que é unha saída dende a que podemos obter información do obxecto, pero isto polo de agora non nos interesa.

Se queremos comprobar como funciona basta con conectar cada unha destas saídas a un Bang e unha caixa de Número. Cada vez que introducimos un valor nesta caixa veremos como se activa o Bang correspondente a esa saída.

Animación de select

Aquí podes descargar o patch.

Xa poderías probar a conectar o noso contador a este sistema, pero aínda vemos que non podemos seleccionar cal dos valores queremos que se active e cal non.

Neste momento é cando entra en xogo o spigot que funciona como unha porta, é dicir, dependendo se a temos aberta ou pechada deixa pasar os datos ou non.

Isto podemos controlalo conectando un toggle (interruptor) na súa entrada dereita de tal xeito que se está acendido deixa pasar os datos que entraran pola súa entrada esquerda e se está desactivado non.

Neste caso colocaremos entre cada saída de select e o Bang un spigot co seu correspondente Toggle na súa entrada esquerda. Quedaría algo así:

Conectando select a bang con spigotEste sería o patch.

Polo de agora non nos estamos preocupando moito de organizar as nosas conexións, cando se complique algo mais veremos algunhas posibilidades para organizar o noso sistema e que estea máis presentable.

Para probar ben o seu funcionamento o ideal sería agora conectar o noso metro a este sistema e comprobar que funciona correctamente.

Animación do noso secuenciador básico funcionando

Se queres podes descargar o patch dende aquí.

Podes probar a xogar xa cos diferentes valores de velocidade, duración número de pulsos ou pasos, etc.

Veras que xa empezamos a ter diferentes posibilidades coas que traballar no noso desenvolvemento seguinte que será enviar esta información a Arduino para que a utilice como material de control.