Saltar navegación

Guía didáctica

Obxectivos específicos desta secuencia didáctica

  • Ser consciente dos pasos do proceso de escritura dun texto: borrador - esquema - edición do texto.
  • Descubrir a utilidade da lingua escrita como medio de comunicación e desfrute.
  • Avanzar na apropiación da linguaxe escrita reflexionando sobre algunha das propiedades do sistema de escritura.
  • Empregar a observación como recurso fundamental para mellorar as producións plásticas.
  • Ir apropiándose das propiedades dos textos literarios.
  • Mellorar a competencia lingüística:escoitar, falar, ler e escribir.

Contidos específicos

  • Autor (as nenas e nenos son os autores do texto final).
  • Relación título - contido (deberá ser coherente co contido e en extensión).
  • Estrutura (principio - nó - desenlace). Situación inicial estable + complicación + reacción + nuevo elemento perturbador + situación final + evaluación
  • Fórmulas fixas (de comezo e de remate).
  • Relación co real (ningunha, é froito da nosa creatividade).
  • Relación imaxe - texto (as nenas e nenos serán os autores da ilustración e serán debuxos).
  • Léxico (incorporaremos o léxico adquirido a través das lecturas habituais e propio dos contos).

Avaliación

A continuación ofrecemos a rúbrica completa que se ven utilizando ao longo de toda esta secuencia. Esta é unha ferramenta máis que propoñemos ao profesorado que vaia a implementar esta proposta pero non debe ser a única. Ao mesmo temo facemos unha chamamento á dignificación da profesionalidade docente facendo nosas as palabras de José Gimeno Sacristán cando di que "mentres avaliamos non ensinamos" situando os obxectivos da avaliación por enriba dos propios obxectivos educativos. A avaliación dun xeito equilibrado no lugar que lle corresponde dentro dos procesos de ensino e aprendizaxe.

En la evaluación de los procesos de enseñanza-aprendizaje, lo exigido al alumnado acaba concretando lo que nos importa más conseguir y, así, en las políticas educativas nos pasaría lo mismo: que acaban reduciendo la educación a lo que exigen en la evaluación del sistema. La evaluación se convierte de esa forma en la manera directa de intervenir en la mejora de la calidad y, de paso, hace de ella el instrumento para hacer política educativa. Las razones para evaluar parecen agotar lo que son las razones para educar. Esta es una de las explicaciones del auge de las evaluaciones externas: suplen a otras políticas de control del conocimiento (del currículo), de la innovación y de la formación del profesorado, al convertirse en toda una pedagogía.

José Gimeno Sacristán

Rúbrica de avaliación a presentar ao alumnado ao comezo da secuencia didáctica para que coñezan que é un traballo avaliable:

CRITERIOS

3

2

1

PUNTUACIÓN

Título

Título coherente en extensión e contido co tema

Título con pouca relación co tema ou con demasiada extensión.

O título non ten relación co tema e é demasiado extenso.

Estrutura

Define claramente o inicio, o nó e o desenlace

Define de xeito difuso o inicio, o nó e o desenlace

Non hai unha estrutura clara

Inicio

Describe e sitúa as personaxes no espazo e o tempo no que transcorre a acción.

Non descbre ou fáltalle por situar algunha das personaxes no espazo e tempo no que transcorre a acción.

Só presenta un elemento dos propostos

Desenvolvemento

Identifícase claramente o conflito

O conflito non está claramente identificado

Non se identifica o conflito

Desenlace

Preséntase claramente a solución ao problema

Pouca claridade na solución do problema.

Non se presenta solución ao problema

Vocabulario

Utiliza un léxico específico de texto literario rico e variado e non repite palabras

Utiliza un léxico limitado pero non repite palabras

Utiliza un léxico limitado e repite palabras

Uso de conectores

Utiliza polo menos cinco conectores propios dos textos narrativos

Utiliza entre tres e catro conectores propios dos textos narrativos

Utiliza menos de tres conectores propios dos textos narrativos

Signos de puntuación

Utiliza polo menos cinco conectores propios dos textos narrativos

Utiliza entre tres e catro conectores propios dos textos narrativos

Utiliza menos de tres conectores propios dos textos narrativos

Ortografía

A escritura das palabras é correcta

Presenta algún erro ortográfico

Presenta multitude erros ortográficos, algúns asociados á separación de palabras

Ilustracións

As ilustracións teñen relación coas escenas do texto e aportan información complementaria.

As ilustracións teñen pouca relación coas escenas do texto e aportan pouco información complementaria

As ilustracións non teñen relación coas escenas nin aportan información complementaria

Uso social

Valora a lingua escrita como medio de comunicación e de expresión creativa.

Presenta os textos seguindo as normas básicas de presentación establecidas: disposición no papel, limpeza e calidade caligráfica.

Valora de xeito limitado a lingua escrita como medio de comunicación e expresión e presta pouca atención ás normas de presentación establecidas.

Non valora a lingua escrita como medio de comunicación nin atende ás normas básicas de presentación establecidas.

Traballo colaborativo Amosa respecto ás ideas dos demais.

Amosa respecto ás ideas dos e das demais e contribúe ao traballo en grupo.

Amosa respecto ás ideas dos e das demais, contribúe ao traballo en grupo e participa nos debates.

TOTAL

Modelo de rúbrica para a súa edición e entrega ao alumnado

libreofficeglProponse entre ao alumnado do modelo achegado. Compartimos tamén unha versión editable co software LibreOffice por si fora de interese para a súa edición

Xustificación curricular

Segundo o Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia xustifícase a presente secuencia didáctica para a área de Lingua e Literatura Galega.

BLOQUE 1. COMUNICACIÓN ORAL: FALAR E ESCOITAR

Obxectivos 

Contidos

Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe

Competencias clave

Actividades da secuencia

b

d

e

B1.7. Actitude de cooperación e de respecto en situacións de aprendizaxe compartida.

B1.7. Amosar respecto e cooperación nas situacións de aprendizaxe en grupo.

LGB1.7.1. Amosa respecto ás achegas dos e das demais e contribúe ao traballo en grupo.

CCL

CAA

CSIEE

Creación e revisión colectiva dun texto narrativo (1.2.3)


BLOQUE 2. COMUNICACIÓN ESCRITA: LER

Obxectivos 

Contidos

Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe

Competencias clave

Actividades da secuencia

b

e

B2.4. Integración de coñecementos e de informacións procedentes de ilustracións.

B2.2. Interpretar e comprender, de maneira xeral, a información procedente de ilustracións.

LGB2.2.1. Interpreta e comprende, de maneira xeral, a información de ilustracións.

CCL

CAA

CSC

CSIEE

CMCT

Lectura e análise de contos (2.1)

Visualización reflexiva das ilustracións de contos escollidos por ser esta de calidade. (1.1)

a

b

e

i

B2.7. Introdución ao uso das bibliotecas da aula e do centro, como instrumento cotián de busca de información e fonte de recursos textuais diversos.

B2.4. Coñecer, de forma xeral, o funcionamento da bibliotecas de aula, e de centro como instrumento cotián de busca de información e fonte de recursos textuais diversos.

LGB2.4.1. Usa a biblioteca de aula con certa autonomía, para obter datos e informacións, e colabora no seu coidado e mellora.

CCL

CAA

CSC

Lectura e análise de contos (2.1)

Elaboración dun diario/rexistro de lecturas (1.1)

a

b

e

B2.8. Mantemento adecuado e ampliación da biblioteca persoal.

B2.5. Ter interese por ter unha biblioteca propia.

LGB2.5.1. Coida, conserva e organiza os seus libros.

CCL

CAA

CSC

Lectura e análise de contos (2.1)

Elaboración individual dun listado de títulos preferidos.

a

b

e

m

o

B2.10. Desenvolvemento da autonomía lectora, da capacidade de elección de temas e de textos e de expresión das preferencias persoais, así como a apreciación do texto literario como recurso de gozo persoal.

B2.7. Amosar certa autonomía lectora e capacidade de selección de textos do seu interese, así como ser quen de expresar preferencias.

LGB2.7.1. Selecciona textos do seu interese con certa autonomía, en función dos seus gustos e preferencias.

LGB2.7.2. Explica dun xeito moi sinxelo as súas preferencias lectoras.

CCL

CSC

CAA

CSIEE

Todas as actividades da secuencia van encamiñadas a apreciar o texto literario como recurso de gozo persoal


BLOQUE 3. COMUNICACIÓN ESCRITA: ESCRIBIR

Obxectivos 

Contidos

Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe

Competencias clave

Actividades da secuencia

a

b

e

m

o

B3.1. Produción e reescritura de textos sinxelos relativos a situacións cotiás infantís como invitacións, felicitacións, notas ou avisos, utilizando as características habituais deses textos.

B3.4. Respecto polas convencións xerais da escrita: uso das maiúsculas e do punto.

B3.5. Utilización de xeito guiado de estratexias para a produción de textos, respondendo ás preguntas de para quen, e que escribir, recoñecendo o tipo de texto (nota, aviso, conto).

B3.1. Producir e reescribir textos sinxelos, relativos a situacións cotiás infantís, aqueles propios dos medios de comunicación ou os relacionados coa escola.

LGB3.1.1. Produce e reescribe textos relativos a situacións cotiás infantís como invitacións,felicitacións, notas ou avisos, utilizando as características habituais deses textos.

LGB3.1.2. Elabora o texto, con coherencia xeral e de xeito creativo.

LGB3.1.3. Usa nos seus escritos o punto, a coma, dous puntos, puntos suspensivos, signos de exclamación e interrogación.

CCL

CSIEE

CAA

Reescritura dun conto (1.2)

Escritura do seu primeiro texto literario. (1.2)

Revisión e mellora de borradores (1.3.3, 1.3.4, 1.3.5)

b

e

i

j

B3.8. Utilización de elementos gráficos e sinxelos como a ilustración para facilitar a comprensión.

B3.4. Utilizar recursos gráficos, como a ilustración, que faciliten a comprensión dos textos.

LGB3.4.1. Ilustra creativamente os seus textos con imaxes redundantes co seu contido.

CCL

CD

CSIEE

Ilustramos os contos individuais e o colectivo (1.3.6)

a

b

e

i

B3.9. Interese polo coidado e a presentación dos textos escritos e respecto pola norma ortográfica.

B3.10. Interese polos textos escritos como medio de aprendizaxe, como medio de comunicación de experiencias, de regulación da convivencia e de expresión creativa.

B3.5. Presentar adecuadamente os traballos escritos en calquera soporte e valorar a lingua escrita como medio de comunicación e de expresión creativa.

LGB3.5.1. Presenta os textos seguindo as normas básicas de presentación establecidas: disposición no papel, limpeza e calidade caligráfica.

LGB3.5.2. Valora a lingua escrita como medio de comunicación e de expresión creativa.

CCL

CD

CAA

Uso social do texto narrativo elaborado (1.3.8)


BLOQUE 4. COÑECEMENTO DA LINGUA

Obxectivos   

Contidos

Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe

Competencias clave

Actividades da secuencia

e

B4.2. Observación das variacións morfolóxicas (de singular e plural, feminino e masculino) en textos.

B4.1. Utilizar terminoloxía lingüística e gramatical básica, como apoio á comprensión e á produción de textos, así como aplicar o seu coñecemento no uso da lingua.

LGB4.1.4. Sinala o xénero e número de palabras dadas.

CCL

CAA

Reescritura dun conto atendendo á concordacia de xénero e número e signos de puntuación (1.3.4).

Corrección e mellora de borradores insistindo na coherencia do texto. (1.3.4 e 1.3.5)

b

e

B4.3. Coñecemento das normas ortográficas máis sinxelas.

B4.2. Coñecer e aplicar as normas ortográficas máis sinxelas.

LGB4.2.1. Coñece de forma xeral as normas ortográficas máis sinxelas e aprecia o seu valor social e a necesidade de cinguirse a elas.

CCL

CSC

CCEC

Reescritura dun conto (1.2)

Corrección e mellora de borradores insistindo na coherencia do texto. (1.3.4 e 1.3.5)


BLOQUE 5. EDUCACIÓN LITERARIA

Obxectivos  

Contidos

Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe

Competencias clave

Actividades da secuencia

b

d

e

o

B5.1. Recreación e reescritura de diversos textos literarios sinxelos (narrativos ou poéticos): contos, poemas, refráns, adiviñas, trabalinguas, cantigas e xogos de sorte; usando modelos.

B5.2. Valoración e aprecio do texto literario galego como vehículo de comunicación, fonte de coñecemento da nosa cultura e como recurso de gozo persoal.

B5.1. Recrear e reescribir diversos textos literarios, usando modelos.

LGB5.1.1. Recrea e reescribe diversos textos literarios sinxelos: contos, poemas, refráns, adiviñas, trabalinguas, cantigas e xogos de sorte; usando modelos.

LGB5.1.2. Valora os textos da literatura galega como fonte de coñecemento da nosa cultura e como recurso de gozo persoal.

CCL

CAA

CCEC

Rescritura dun conto (1.2)

Escritura colectiva dun conto (1.3.2)

Escritura individual dun conto (1.3, 1.3.4)

Lectura e análise dos valores culturais, éticos e morais que transmiten os contos (1.1)

Uso social do texto literario (1.3.8)