Estrutura
ACTIVIDADE 1: Analizamos a estructura de diferentes relatos audiovisuais
En gran grupo visionamos curtas de animación para, a través de preguntas, guiar ao alumnado no recoñemento da estrutura dunha narración:
Nun primeiro momento a persoa docente terá que exercer como modelo de lector que reflexiona sobre a estrutura de textos literarios. As súas respostas orientarán ao alumnado sobre o sentido das preguntas.
Responder colectivamente a:
- En que momento da historia se presenta e describe o personaxe principal?
- Como introduce o tempo e o espazo onde se desenvolverá a acción?
- Cal é a situación inicial estable?
- Identifícase facilmente a primeira complicación? Cal é?
- O protagonista reacciona? como?
- Aparece un novo elemento perturbador? Cal?
- Como se resolve o conflito?
- Cal é a situación final? Acaba ben ou mal?
- Poderías agora describir as partes diferenciadas da estrutura dun conto?
Curtas:
La oveja esquilada
Presto
Lifted
El huevo
El vendedor de humo
La luna
ACTIVIDADE 2: Analizamos a estrutura dos contos traballados
En pequeno grupo retomaremos os contos analizados no primeiro apartado da presente secuencia e, a través das mesmas preguntas, identificamos a súa estrutura.
Logo faremos unha pequena posta en común.
Formato PDF (pdf - 0.04 MB).
Formato editable LibreOffice Writer (odt - 0.03 MB).
Entregar este modelo ao alumnado para identificación da estrutura dun conto, tendo en conta que é posible á súa adaptación previa por parte do docente co software LibreOffice Writer
Apuntes teóricos
Fórmula de estrutura de Adam
Guiamos ao alumnado, con preguntas, pola fórmula da secuencia proposta por Adam para elaborar o esquema fundamental da estrutura, posteriormente ilustrarase con detalles secundarios: presentación e descrición da personaxe
"Morfoloxía do conto". Vladimir Propp
Vladimir Propp foi un escritor soviético que no seu libro “La Morfología del Cuento” (1928) describiu o que podemos chamar as 31 fases ou funcións das que constaba un conto clásico. A través destas funcións podemos guiar ao noso alumnado na creación de tramas nos procesos de creación de textos literarios. Estas funcións poden repetirse varias veces e non teñen por que aparecer todas.
- Afastamento: un dos membros da familia afástase da casa
- Prohibición: recae sobre o protagonista una prohibición
- Transgresión: transgrédese a prohibición
- Interrogatorio: o agresor intenta obter noticias
- Información: o agresor recibe informacións sobre a vítima
- Engano: o agresor intenta enganar á súa vítima para apoderarse dela ou dos seus bens
- Complicidade: a vítima déixase enganar e axuda así ao seu inimigo, ao seu pesar
- Fechoría: o agresor dana a un dos membros da familia ou cáusalle prexuízos
- Carencia: fáltalle algo a un dos membros da familia; un deles ten gañas de posuír algo
- Mediación: momento de transición, divúlgase a noticia da fechoría ou da carencia, diríxense ao heroe cunha pregunta ou unha orde, chámase ou fáiselle partir
- Principio da acción contraria: o heroe buscador acepta ou decide actuar
- Partida: o heroe vaise da súa casa
- Primeira función do doante: o heroe sufre unha proba, un cuestionario, un ataque, que lle prepara para la recepción dun obxecto ou dun auxiliar máxico
- Reacción do heroe: o heroe reacciona ante as acción do futuro doador
- Recepción do obxecto máxico: o obxecto máxico pasa a disposición do heroe
- Desprazamento: o heroe é transportado, conducido ou levado cerca do lugar onde se atopa o obxecto da súa busca
- Combate: o heroe e o seu agresor enfróntanse nun combate. O heroe recibe unha marca
- Victoria: o agresor é vencido
- Reparación: a fechoría inicial é reparada ou a carencia colmada
- A volta: o heroe regresa
- Persecución: o heroe é perseguido
- Socorro: o heroe é auxiliado
- Chegada de incógnito: o heroe chega de incógnito á súa casa ou a outra comarca
- Pretensións enganosas: un falso heroe reivindica para si pretensións enganosas
- Tarefa difícil: propónselle ao heroe unha tarefa difícil
- Tarefa cumprida: a tarefa é realizada
- Recoñecemento: o heroe é recoñecido
- Descubrimento: o falso heroe ou o agresor, o malvado queda desenmascarado
- Transfiguración: o heroe recibe unha nova aparencia
- Castigo: o falso heroe ou o agresor é castigado
- Matrimonio: o heroe cásase e ascende ao trono
Fases ou funcións dun conto clásico – AíovaiEducación [Internet]. [citado 12 de maio de 2017]. Dispoñible en: http://www.edu.aiovai.org/2017/05/12/fases-ou-funcions-dun-conto-clasico/
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0