Lectura e análise de contos
O inicio da secuencia debe ser a familiarización do alumnado, ao longo de diferentes sesións, con textos literarios (contos) de calidade. Iso implica unha presentación clara das personaxes, localización no espazo e no tempo, estrutura ben definida, conectores axeitados, léxico culto, et.
As lecturas serán unha combinación de lectura por parte da persoa docente, exercendo de modelo de persoa lectora competente, e lectura libre por parte do alumnado.
Dos textos empregados para esas lecturas seleccionaremos catro contos, que poden ter diferente procedencia (biblioteca, achegas persoais,...), para iniciar a súa análise.
ACTIVIDADE: Lectura e análise de contos
En gran grupo realizar unha táboa de dobre entrada con oito columnas para, nos contos seleccionados, reflexionar e recoller os seguintes aspectos: datos relevantes da portada, título, personaxe principal, descrición física e psicolóxica desa personaxe, outras personaxes, desenlace e outras propostas de título.
Columnas da táboa:
- Datos de portada (autor, ilustrador, editorial,...)
- Título
- Personaxe principal
- Descrición física
- Descrición psicolóxica
- Outras personaxes
- Situación inicial estable
- Desenlace
- Título alternativo
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0