Escritura final e maquetación do texto colectivo
Actividade: Escritura final e maquetación do texto colectivo
O paso final, previo ao seu uso social será a edición tanto do conto colectivo como das producións individuais.
No conto colectivo daráselle formato de álbum ilustrado: portada, páxina de créditos, texto e ilustración, gardas de contraportada e contraportada. . O libro colectivo pasará a formar parte da biblioteca de aula.
A ferramenta que nos permitirá difundir o noso traballo na comunidade educativa é o blog de aula
Exemplos de contos colectivos elaborados por alumnado de 2º de Primaria:
Conto: O dente de Lara
Érase unha vez unha rapaza chamada Lara que estaba moi entusiasmada porque xa chegaba o Nadal.
Lara é unha adolescente de 17 anos que vai ao instituto de Tomiño. É alta, de cara redonda, ollos azuis, pelo longo e rubio. Ten os dentes brancos e brillantes. Lara viste cos pantalóns rotos, zapatos con luces e gafas. Sempre leva camisetas coloridas. Ela é unha rapaza amable e simpática. A Lara gústalle moito cociñar , sobre todo facer sobremesas ricos, e de vez en cando ir de tendas. A súa comida favorita é a ensalada e a súa cor o violeta. No seu curso de 1º de Bacharelato tamén estuda Adrián.
Adrián é un adolescente de 17 anos amigo de Lara. Ten o pelo negro e marrón, ten pantalóns laranxas, camiseta negra e leva tenis. Adrián é moi bo e intelixente.
Un día Lara e Adrián enfadáronse a pesar de ser moi amigos, porque Adrián unha tarde que foi a casa de Lara a facer con ela as tarefas escolares, andivo revolvendo no seu libro de segredos. Así foi como Adrián descubriu que Lara nacera cun dente de ouro e tiña vergoña a contalo. Súa nai tragárao cando estaba embarazada. Nacera sen dentes a excepción deste dente de ouro. Adrián sorprendeuse moito.
Adrián era amigo de Juanita, unha adolescente de 15 anos que vai ao mesmo instituto de Lara. Juanita é guapísima, ten o pelo laranxa, ollos verdes e sempre leva as unllas pintadas de verde. Leva roupa sofisticada, pantalóns vaqueiros curtos pintados, chaqueta rosa e chaleco azul de pelo. Juanita é moi mala e non lle gusta nada Lara e sempre está de mal humor.
Un día a Juanita ocorréuselle facer unha poción máxica para enganar a Adrián e que este lle contara os segredos máis íntimos de Lara e así poder facerlle moito dano. Foi así como se decatou de que Lara tiña un dente de ouro con poderes máxicos e que ese era o seu punto débil. Por iso decidiu quitarlle o dente e acabar con ela dunha vez por todas.
Faríao no instituto diante de todos os nenos e nenas ao día seguinte que era mércores, un día perfecto para arrincar dentes. Juanita pensara en ofrecerlle a Lara un bocadillo de radio ou moitas chuches con pementa.Finalmente decidíuse polas chuches, xa questas tiñan moito azucre que fai caer os dentes.
O mércores no colexio Juanita ofreceulle as chuches, Lara colleunas e cando quixo comezar a comer nelas, o dente máxico non llo permitiu. O dente xa sabía que ía ocorrer.
Ao final o plan de Juanita fastidiouse. Fin.
Conto: O tibutigre
Recordo cando eu era pequeno o meu pelo era roxo de lume, eu era atlético, deportista, guapo, forte, tiña dentes de tiburón, e tiña unha camiseta rosa e un xersei azul con debuxos de corazóns e tamén o meu nome posto: Pepe. Cando chovía os corazóns desaparecían.
Un día fun á praia e atopei a Ana e Filiberto que eran moi amigos. Ana era morena e levaba unha saia de cor rosa, unha camiseta rosa cuns zapatos metálicos que tiñan uns pequenos foguetes nos tacóns. Filiberto tiña un barrigón e non paraba de comer, os pantalóns non lle collían e tamén tiña unha camiseta negra, por enriba tiña un xersei azul.
Estaban xogando na praia e cansáronse de xogar, foron a nadar e encontráronse un tiburón que era metade tigre e que tiña aletas, cabeza de tiburón e o resto do corpo de tigre. Era un tibutigre. Despois un home veu que o tibutigre estábaos atacando e, sin que o vira o tibutigre, foi buceando ata el. Disparou o seu arpón e fallou.
Despois descubriron que o Tibutigre só quería darlle unha noticia, queríalle dicir que o meu pai estaba no cárcere. E o Tibutigre levoume ata o océano de América que alí estaba a cárcere e intentei quitalo do cárcere pero non tiña cartos suficientes. Así que conseguín un traballo nun colexio para recadar cartos e así puiden quitar a meu pai do cárcere.
Cando saquei a meu pai do cárcere, xa que facía moito tempo que non o vía, fomos a un bar cos meus amigos Ana e Filiberto. Despois Ana e Filiberto foron á ponte e encontráronse ao Tibutigre, e como xa era noite foron a casa e os meus amigos prometéronlle que outro día ían volver pero comigo.
Foron felices, comeron bizcocho pero a min déronme tomate pocho.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0