Saltar navegación

Fórmulas fixas

Recompilación e posta en común de fórmulas fixas de inicio e final

Os contos teñen diferentes fórmulas fixas de inicio e de fin. Imos recopilar algunhas a través de diferentes fontes: consultando os libros da biblioteca, preguntando ás familias ou buscando en internet.

ACTIVIDADE 1: Elaboración dunha nota para as familias

A persoa titora escribirá o texto que de xeito colaborativo elaboramos entre todos. Trátase de involucrar ás familias logrando así unha maior motivación por parte do alumnado.

 Consulta un modelo de exemplo (pdf - 17270 B)(versión editable)

ACTIVIDADE 2: Recompilación de fórmulas fixas na biblioteca

parellaPor parellas, na biblioteca, revisar e recopilar as fórmulas fixas de inicio e final dunha selección de contos realizada pola persoa docente.

A continuación presentamos unha proposta de selección con libros que conteñen fórmulas fixas de inicio e final:

  • Boer, Joan de / Darne, Txell (2005), O sultán e os ratos. OQO Editora
  • Alonso García, Tareixa (2005) O anano saltareiro. Kalandraka Editora.
  • López Parreño, J. Antonio (2002) A ratiña presumida. Kalandraka Editora.
  • Colección Os contos do Trasno, Kalandraka
    • Mejuto Rial, Eva (2004) A casa da mosca chosca.Kalandraka Editora
    • Rubio, Antonio / Ferrer, Isidro / Núñez, Marisa (2004) A Merliña. Kalandraka Editora
    • Ballesteros, Xosé (1999) O coelliño branco. Kalandraka Editora.
  • Presunto, Ana / Suárez, Iván (2006) Bola de Manteiga. OQO Editora
  • Bladé i Pinyol, Domènec (2000) Hansel e Gretel. Didaco.
  • Bladé i Pinyol, Domènec (2000) Isis e Osiris. Didaco.
  • Bladé i Pinyol, Domènec (2000) O califa Cegoña. Didaco.
  • Bladé i Pinyol, Domènec (2000) A dama e o león. Didaco.
  • Coleccións: Colección Cuentos de la Media Lunita, de Rodríguez Almodóvar, Antonio:
    • El mono caprichoso
    • La niña del zurrón
    • De penca en penca
    • La princesa muda
    • Los doce ladrones
    • Mariquilla ríe perlas
    • La zorra y el lobo
    • Periquín y la bruja Curuja

Modelo para a recollida de fórmulas fixas elaborado polo alumnado

libreofficeglEntregar este modelo ao alumnado para a recollida de fórmulas fixas, tendo en conta que é posible á súa adaptación previa por parte do docente co software LibreOffice Writer

ACTIVIDADE 3: Posta en común

gran grupo

Recoller as fórmulas fixas recopiladas nun panel expositor visible durante o desenvolvemento de toda a secuencia.

Recollida de fórmulas fixas
Recollida de fórmulas fixas (CC BY-SA)

Exemplificación do resultado da actividade

Fórmulas fixas

De inicio:

  • Había unha vez...
  • Érase unha vez…
  • Nun afastado país…
  • Érase que se era…
  • Érase unha vez e mentira non é…
  • Contan que contan que me contaron…
  • Fai máis de mil anos…
  • En tempos de Mari Castaña…
  • Fai moito, moito tempo…
  • Contan os que o viron…
  • Aquel que o veu , chegou e contoume que…
  • Para saber e contar, e contar para aprender…
  • Tes que saber para contar e entender para saber que isto era…
  • Cando os animais falaban…
  • Detrás das sete montañas, detrás dos sete ríos…
  • Cando as ras tiñan pelo e as galiñas dentes…
  • Esto que che conto sucedeu nun lugar tan afastado e fai tanto tempo que xa case nin me acordo…
  • Fai máis de mil anos…
  • Unha vez eu sabía un conto pero quedouse dentro e non me acordó, vou ver si sae outra vez…

De final:

  • Colorín colorado, este conto está rematado.
  • Foron felices e comeron perdices.
  • Esto foi verdade e non minto, como mo contaron, conteino.
  • E que non o queira crer, que o vaia a ver.
  • E esta historia rematou e o vento a levou
  • Foron felices e comeron perdices e a min non me deron porque non quixeron.
  • E como di Don Fermín, este conto chegou ao seu fin.
  • Colorín colorado, este conto está rematado, e quen non levante o cu quédalle pegado.
  • Colorín colorado, este conto está rematado, si queres que cho conte outra vez pecha os ollos e conta ata tres.
  • Colorín colorado, este conto está rematado, si queres que cho conte outra vez di que si e grita.
  • E foron felices e comeron perdices e a min déronme cun óso nas narices.
  • E este conto rematou e o vento o levou e cando o volva a atopar, volvereicho a contar.