Saltar navegación

O espazo e o tempo

O espazo e o tempo

O espazo

Características básicas do espazo:

  1. Situar onde está ese lugar
  2. Que podemos ver, oír, cheiras... alí?
  3. Que ocorre nese lugar?

O espazo na narración

Debemos contemplar o espazo físico onde se desenvolve a narración (nun bosque, nunha cidade, et.); o espazo psicolóxico refirese ao ambiente que crean os personaxes dacordo a como eles se sinten (tristura, esperanza, desilusión, et.) e, por último, o espazo social, é dicir, o momento referido á historia do mundo no que se desenvolve a narración (actualidade, prehistoria,et.)

O tempo

Para expresar o tempo na narración empregamos:

  • Os tempos verbais: O habitual é utilizar verbos en pasado (agardou, correu, xogou..., collía, vivía, durmía...)
  • Os indicadores de tempo: con adverbios (mentres, entón, antes, despois...) ou expresións (porfin, máis tarde, ao día seguinte...).

Para saber máis sobre o tempo na narración

  1. Cruz I. Literatura y comunicación: El espacio y el tiempo en la Narración [Internet]. Literatura y comunicación. 2011 [citado 12 de maio de 2017]. Dispoñible en: http://lenguajemedia.blogspot.com.es/2011/05/el-espacio-y-el-tiempo-en-la-narracion.html
  2. profejsegovia. Tiempo y espacio en la narración literaria [Internet]. 11:01:13 UTC [citado 12 de maio de 2017]. Dispoñible en: https://es.slideshare.net/profejsegovia/tiempo-y-espacio-en-la-narracin-literaria
  3. ESPACIO Y TIEMPO [Internet]. La narración. 2010 [citado 12 de maio de 2017]. Dispoñible en: https://anarracionamparo.wordpress.com/elementos/espacio-y-tiempo/
  4. Tiempo y espacio en la narración [Internet]. Scribd. [citado 12 de maio de 2017]. Dispoñible en: https://www.scribd.com/doc/54570566/Tiempo-y-espacio-en-la-narracion
  5. Jorge Castillo. Elementos de la narración [Internet]. Educación presentado en; 03:42:27 UTC [citado 12 de maio de 2017]. Dispoñible en: https://es.slideshare.net/jorgecastillo71mm/elementos-de-la-narracin-54980315

ACTIVIDADE: Definimos as características básicas do espazo e do tempo no que sucede a acción

individualDe xeito individual, o alumnado reflexionará, guiado pola persoa docente sobre os aspectos presentados. Definirá o espazo e o tempo no que sucede a acción do seu conto e rexistrará axudándose do modelo proposto a continuación.

Modelo para a definición do espazo e do tempo

libreofficeglEntregar este modelo ao alumnado para a definición do espazo e do tempo, tendo en conta que é posible á súa adaptación previa por parte do docente co software LibreOffice Writer