Saltar navegación

Ilustracións do texto colectivo

ACTIVIDADE: Ilustracións do texto colectivo

Organización ilustracions colectivoA ilustración debe tratarse coa mesma importancia que a produción textual e estas deben aportar información complementaria ao texto.

É importante buscar técnicas que se adapten ás posibilidades do grupo (fotografía, debuxo sobre fondos variados, ceras brandas, collage, etc.) para que o produto final sexa da maior calidade posible. A decisión acerca da técnica empregada para realizar a ilustración pode ser negociada pero haberá que tomar acordos acerca de quen debuxa ao personaxe principal (ten que manterse igual ao longo da historia), os secundarios (ídem), os espazos nos que se repitan escenas,... Pódese escanear ou fotocopiar as personaxes que aparecen en máis dunha secuencia para que asegurar que son as mesmas.

En gran grupo repartiranse os diferentes elementos a ilustrar tentando que todo o alumnado teña unha tarefa encomendada:

  • Portada
    Que elementos debe conter? Como mínimo: título, persoa escritora e persoa ilustradora (de ser a mesma aparecerá unha soa vez)
  • Contraportada
  • Personaxe principal
  • Personaxes secundarios
  • Escenarios que se repiten
  • Escenarios que aparecen unha única vez

Ilustrando