Saltar navegación

Título do texto colectivo

Actividade: decidir un título para o conto colectivo

A elección do título do conto colectivo é unha boa oportunidade para poñer en práctica procesos de decisión conxunta que doten ao alumnado de capacidades para a vida en comunidade, como a escoita, o desenvolvemento da empatía, ou a conciencia de pertenza a un grupo.

Organizaremos esta dinámica en tres fases:

  1. Presentación e defensa das propostas
  2. Debate e intento de consenso
  3. Votación si fora necesario

Fase 1

Realizaremos unha choiva de ideas que se recollerán no taboleiro para poder reflexionar así sobre:

  • a súa pertinencia en canto a extensión
  • anticipar información
  • chamar a atención da posible persoa lectora

Cada proposta deberá ser defendida en base a estes tres criterios presentados polo seu autor.

Fase 2 (debate)

Tentarase decidir por consenso abrindo un pequeno debate sobre as propostas presentadas. A persoa docente será a encargada de centrar o debate nos tres elementos propostos e de tentar evitar que os posicionamentos respondan a cuestións de tipo persoal, como a defensa da proposta por ser propia ou dunha persoa amiga.

Na medida do posible tentarase decidir un título para o conto colectivo, ou deixar para a votación as menos opcións posibles. De non ser posible o consenso debemos ir á fase de votacións.

Fase 3 (votación)

Coas votacións a man alzada, ou por quendas, é moi habitual que nestas idades o alumnado tome posición seguindo o criterio do grupo, na contra de utilizar criterios de calidade sobre a propia proposta. Ao mesmo tempo, tamén é habitual que voten primeiro pola opción propia ou da persoa coa que teñen unha maior confianza. Para evitar estes riscos proponse unha votación secreta con dúas opcións.

No modelo a continuación proposto atópanse as indicacións para o alumnado e o modelo de papeleta para a votación.

Modelo para a elección do título do conto colectivo

libreofficeglEntregar este modelo ao alumnado para guiar ao alumnado na elección conxunta do título do conto colectivo, tendo en conta que é posible á súa adaptación previa por parte do docente co software LibreOffice Writer